"As mulleres son máis da metade da administración pero con menos presenza na dirección", observa María Cadaval

María Cadaval, Carmela Silva e María Xosé Rodríguez Galdo. / Mundiario
María Cadaval, Carmela Silva e María Xosé Rodríguez Galdo. / Mundiario

Segundo Carmela Silva, 2030 é pasado mañá e o obxectivo da igualdade non se vai acadar. "Seguen faltando máis de 100 anos para a igualdade salarial", suliña.

"As mulleres son máis da metade da administración pero con menos presenza na dirección", observa María Cadaval

"As mulleres son máis da metade da administración pero con menos presenza na dirección", segundo salientou a profesora de economía María Cadaval nun foro sobre a Axenda 2030 e o papel das mulleres na Administración pública do futuro. Segundo Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, 2030 é pasado mañá e o obxectivo da igualdade non se vai acadar. "Seguen faltando máis de 100 anos para a igualdade salarial", suliñou.

A catedrática María Xosé Rodríguez Galdo sostivo que "as mulleres sempre xogan papeles sumamente decisivos" e que necesitan "mobilizar o talento feminino".

"O cambio dáse se hai vontade e fomentando material docente con perspectiva de xénero. Para fomentar hai que traballar desde a base e facéndoo accesible cunha linguaxe sinxela", dixo Elena Rivo, profesora da Universidad de Vigo e membro do grupo Gen, tamén directora da Cátedra Empresa Familiar.

Segundo a especialista Ana Concheiro, "para que a muller chegue á dirección debe haber cambios sociais, rodearse dunha contorna que o permita, facilidades desde o departamento de Recursos Humanos e unha rede de servizos, e tamén un cambio de mentalidade no tipo de xestión".

"Seguimos tendo medo a expoñernos en público. É un erro. Estamos e temos que facernos ver, aparecer nos medios é un esforzo pero hai que facelo para que se visibilice o noso talento. Necesitamos xente moza que fale", apuntou a experta África González.

Elena Vázquez Cendón, decana da Facultade de Matemáticas e profesora del Departamento de Matemática Aplicada da USC, coida que "os programas educativos son un corsé que non dá sustento senón que reprime", xa que "as nenas consideran que non son o suficientemente boas, e iso os nenos non o pensan. Hai moita presión especialmente en 2° de Bacharelato".

"Unha prestixiosa universidade estadounidense en computación –lembrou Capitolina Diaz– perdía alumnado nos 80, e viu que a súa única opción era captar alumnas. Investigou e, en paralelo, foi cambiando a cultura da universidade, que era o problema. Agora son o 50%".

"Teletraballar, ser nai... foron obstáculos na miña empresa e houbo unha labor de educación. A covid-19 axudou a que todas e todos estiveramos na mesma situación, unha das poucas cousas boas que trouxo foi que isto se normalizou", salientou Tatiana López del Río. @mundiario

"As mulleres son máis da metade da administración pero con menos presenza na dirección", observa María Cadaval
Comentarios