O monte abandonado e os lumes esixen respostas do autogoberno

Un incendio forestal.
Un incendio forestal.
Os incendios continúan calcinando o territorio galego, no que o verde da paso ao gris.
O monte abandonado e os lumes esixen respostas do autogoberno

En plena vaga de incendios, están nas nosas conversas as preguntas de sempre: quen? por que? Galegos? Galeguistas? De seguro que non, ou si e non.

Sabemos que hai moitas décadas que a nosa poboación asentouse nas cidades, de xeito que xa non se vai ao monte a traballar, senón que progresivamente a tal desleixo, o ecosistema foise degradando a prol da explotación madereira. Un abuso e degradación do territorio que supón unha fonda perda de identidade para a Galiza.

Por outra banda, eses galegos que teñen emigrado, abandoaron as súas terras e nin as veñen reclamar pasadas as xeracións, ao igual que teñen xurdido moi cuestionadas iniciativas por parte dos poderes para repoboar as aldeas perdidas: véndense aldeas e santuarios enteiros a mans de millonarios ou indefinidas (anónimas), mans que pouco a pouco irán colonizando Galiza.

Actualmente Galiza está a ser vendida dende moitos puntos de vista: o centralismo (innecesario), as novas formas de vida (amorais), a paisaxe (destruída), a explotación de recursos, a súplica industrial, a globalización en mans da aristocracia ...

Para evitar a privatización do país (e a escravizaxe do noso pobo) a Xunta debe expropiar todas esas parcelas de monte que levan décadas abandoadas, de xeito que a nosa poboación recupere a soberanía do seu acervo natural.

Así, nós os galegos debemos apoiarnos na Xunta –no autogoberno– para administrar o noso territorio. @mundiario

  

  

Comentarios