Moncho Lemos e Vituco Neira achegarán concertos e entrevistas na Radio Galega Música

Son do Camiño. / Mundiario
Son do Camiño. / Mundiario

Tamén o espazo ‘Diario Cultural’ do venres, na súa edición de tarde, a partir das 17.30 horas na Radio Galega, realizarase en vivo desde O Son do Camiño, con contidos e convidados relacionados co certame. 

Moncho Lemos e Vituco Neira achegarán concertos e entrevistas na Radio Galega Música

Os amantes da música en directo e dos festivais teñen desde hoxe e ata a madrugada do domingo unha cita inescusable con Radio Galega Música, que será unha emisora de referencia para transmitir e contar todo o que estea pasando na segunda edición de O Son do Camiño.

Desde o comezo do festival, ás 16.00 horas, RG Música será o altofalante dos momentos máis significativos que se poidan gozar dentro do recinto do Monte do Gozo. Con este cometido, os locutores da emisora pública Moncho Lemos e Vituco Neira dispoñen dun set, desde o que ofrecerán, en directo, os concertos do escenario Galicia e polo que pasarán tamén algúns dos artistas máis singulares do certame.

Os oíntes de Radio Galega Música poderán seguir, deste xeito, case unha vintena de concertos de grandes grupos nacionais e internacionais, como son Beret, Marem Ladson, Varry Brava, Bad Gyal, Shinova, Second, Hard GZ e Familia Caamagno, a través da banda FM, das aplicacións para móbiles ou na páxina web da CRTVG.

Tamén o espazo ‘Diario Cultural’ do venres, na súa edición de tarde, a partir das 17.30 horas na Radio Galega, realizarase en vivo desde O Son do Camiño, con contidos e convidados relacionados co certame. @mundiario

Comentarios