Moitas cousas fallan cando o traballo nos custa a vida

Un zapato de seguridad. / Pixabay
Un zapato de seguridade. / Pixabay
No 2021 houbo case trinta mil accidentes con baixa, en total 28.991 (un 18,3 % máis). Deste total de accidentes, 47 tiveron resultado de morte.
Moitas cousas fallan cando o traballo nos custa a vida

A poucos días do 28 de abril, Día internacional da Seguridade e a Saúde no traballo, temos que seguir levantando a voz para esixirlles á Administracións competentes que poñan todos os medios posibles, un maior control e todo o seu interese para que o traballo non nos custe a vida.

No 2021 houbo case trinta mil accidentes con baixa, en total 28.991 (un 18,3 % máis). Esta repunta débese, principalmente, a que o ano pasado recuperou boa parte da actividade en comparanza co 2020, exercicio en que as restricións derivadas da pandemia limitaron o funcionamento de moitas empresas.

Deste total de accidentes, 47 tiveron resultado de morte, unha cifra á que cómpre sumar cinco falecementos máis in itínere —en desprazamento desde ou cara ao centro de traballo.

Os sectores máis castigados pola sinistralidade mortal son os dos servizos, construción e a industria, que respectivamente rexistraron 18, 12 e 10 casos (o 85% dos totais). Por provincias, A Coruña (22) e Pontevedra (15) suman case oito de cada dez mortes laborais.

Estas cifras son inadmisibles. Non é posible que as Administracións non actúen de xeito máis contundente para poñerlle freo a esta lacra. Non podemos normalizar que case medio cento de persoas perdan a vida por causa do seu traballo. É evidente que hai unha preocupante falta de vontade por parte das autoridades e das empresas para atallalo.

Por esta razón, desde CC OO reclamamos un cambio normativo de profundo calado que obrigue as empresas a se implicaren máis. Tamén, que se obrigue de xeito rigoroso ao seu cumprimento, con mecanismos que permitan actuar decontado en canto se detecten situacións de risco e con sancións exemplarizantes para quen poña en perigo a integridade física ou as vidas dos traballadores e traballadoras.  @mundiario

Moitas cousas fallan cando o traballo nos custa a vida
Comentarios