O modelo urbanistico aliado da Covid-19

Pisos en venta. / RR SS
Venta de pisos.
Recoméndase que se aumente a taxa de ventilación por medios naturais ou mecánicos, preferiblemente sin reciclar o aire.
O modelo urbanistico aliado da Covid-19

O Ministerio de Sanidade o 20 de febreiro do 2020 daba a coñecer un documento técnico co tíduo “Prevención y control  de la infección en el manejo de pacientes con Covid-19” que coordinaba o centro de Alertas e Emerxencias Sanitarias. Documento que tivo pouco éxito, xa que transcorrido o tempo  vemos que os contaxios do Covid-19 entre o persoal dos centros sanitarios e socio-sanitarios  do Estado eran máis numerosos que noutros países e mentres España tiña  en xullo 51.849 sanitarios/as contaxiados/as, Italia e Francia xuntas non sumaban esta cifra. A finais de outubro o Ministerio de Sanidade daba a cifra de 73.165 contaxios que representaban máis do 6% dos contaxiados totais.

Posiblemente as razóns de tal situación teñamos que buscalas  na diminución na última década  de inversión pública en sanidade (máis do 11% respecto do 2009), caída do gasto por habitante, baixa inversión en atención primaria con recortes en todas as comunidades, persoal insuficiente, precariedade  e como non nas condicións construtivas e particulares dos edificios sanitarios, inapropiadas e insalubres en condicións de pandemia.

A OMS (Organización Mundial da Saúde)  respondendo a preguntas de como se transmitía o Covid-19 afirmaba no mes de xullo:

-  A transmisión prodúcese máis facilmente nos espazos confinados e pechados con ventilación deficiente, os lugares interiores, especialmente aqueles con ventilación deficiente o nula, entrañan maiores riscos que os espazos ao aire libre.

- Recoméndase que se aumente a taxa de ventilación por medios naturais ou mecánicos, preferiblemente sin reciclar o aire.  En todos os lugares de traballo, escolas e aloxamentos turísticos, deben ter aire puro e limpo.

A ventilación natural descubren é tamén un factor clave para non contaxiarnos, pero escoitamos reiteradamente a necesidade e obrigación de mascarillas, hidroxel, distancia de seguridade, confinamento, peches perimetrais... pero non escoitamos poñer en cuestións o modelo urbanístico que impera e que favorece e contribúe a propagar os virus e perpetuar pandemias. Para onde miraron as autoridades municipais -e autonómicas- concedendo licencias ou promovendo un urbanismo vertical ao estilo New York, con edificios altos e rúas estreitas, permitindo a apertura de locais de oficinas, bares e locais turísticos asi como vivendas con baños interiores ou habitacións sen ventilación natural directa; edificios con espazos comúns minúsculos;  rúas demasiado estreitas -ateigadas de vehículos-  que non permiten na maior parte do día a entrada de sol directo e boa ventilación; edificios públicos  sen fiestras, con muros acristalados nas fachadas e patios interiores que dependen da enerxía para recirculación do aire, sen posibilidade de renovalo abrindo simplemente as fiestras... 

En zonas frecuentadas por moitas personas: oficinas, zonas de atención ao público, centros de ensino e sanitarios, lugares de traballo, bares...   a ventilación natural de interiores  pode ser determinante para non contaxiarnos, quen garanta  ventilación natural  directa nos centros comerciais, supermercados, tendas de moda de roupa, cines, auditorios, hospitais, centros sanitarios, delegacións do goberno, estacións de transporte, aeroportos .. a maioria  con edificios “modernos”  pero pouco saudables, construídos buscando un sentido arquitectónico onde prima o estético, o grandioso que cega, despersonalizados copiando doutros lugares e a veces pouco funcionais e case sempre con atmosfera “artificial” controlando temperatura, humidade...e despilfarrando enerxía e orixinando máis contaminación, edificios deseñados esquecendo ou  desprezando a posibilidade de ventilación natural diaria.  Quen non atribúe a estes edificios problemas de saúde como arrefriamentos, catarros, rinites, alerxias ...está demostrado que  as persoas que pasan máis tempo  en ambientes con aire acondicionado  teñen un maior uso dos servizos de atención médica. 

Agora as autoridades sanitarias aconsellan subministrar tanto aire exterior como sexa razoablemente posible, recoñecen que os espazos confinados e pechados teñen ventilación deficiente para o Covid... quizá para corrixilo rápido teñan que empezar por ter nos centros educativos as clases ao aire libre e volver a pensar en edificios ben iluminados e aireados de forma natural...  

Pero para onde miraban as autoridades  que nos gobernaban cando potenciaban un urbanismo e un modo de vida que favorece ao Covid-19?. Traerá novidades a implantar e a desterrar esta pandemia? @mundiario

Comentarios