Edgar Allan Poe e as novas pantasmas

Gato negro, de Endre Penovac. /
Gato Negro

Foi mestre universal do relato curto, a sua influencia na literatura universal é incuestionábel. Vivíu entre tebras marcado sempre polo xenio, o misterio, a traxedia e a morte. As pantasmas comenzaron a mudar no noso imaxinario despois do paso de Poe pola terra. 

Edgar Allan Poe e as novas pantasmas

O destino decidiu que Edgar Allan Poe nacese en Boston en xaneiro de 1809, lugar onde se atopaba a compañía de teatro na que traballaban seus pais, David e Elizabeth Poe. O seu pai abandoou á familia cando Edgard contaba cun ano de idade, a súa nai morreu cando Edgar tiña apenas dous anos e o pequeno foi acollido por John Allan, un home cunha situación económica acomodada residente en Richmond (Virxinia) e que máis que afecto por aquel rapaz tiña plans para el: desexaba convertir a Poe en home de negocios ou nun prestixioso avogado. 

Lonxe dos plans que o seu protector tiña para el Poe pasaba as horas lendo a Lord Byron, escribindo poemas e paseando entre mortos, pois un dos negocios da súa familia adoptiva era unha fábrica de lápidas e a él encantáballe pasear polas necrópoles observando cada inscripción en pedra e facendo cálculos mentais sobre os anos que vivira cada defunto/a. 

Poe pasou un curso académico na Universidade de Virxinia e posteriormente entrou, sen demasiado éxito, no exército, do cal rematou sendo expulsado. Debido ás desavenencias ca súa familia de acollida, farto das imposicións desta e de sentirse incomprendido marchou a Boston de novo e continuou a escribir elevando ao infinito as posibilidades do conto e o relato curto pero sen ser valorado na América sureña nin na América do progreso, onde nunca encaixou de totalmente.

Edgar Allan Poe. / biography.com

Edgar Allan Poe. / biography.com

Edgar Allan Poe foi aire fresco para a antiga novela gótica e é considerado como o primeiro escritor estadounidense de renome que tentou facer da literatura a súa forma de vida. Unha das suas primeiras obras de lírica foi Tamerlán and other poems, pero ao pouco tempo decidiu centrarse no relato curto, moito mais rentable para el e tamén para os seus editores. 

A lenda negra medrou ao redor de Poe alimentada por todas as persoas detractoras do escritor: o consumo case constante de láudano como anestésico, a súa escasa tolerancia ao alcohol e a súa etapa como crítico literario fixeron que o autor gañase numerosos inimigos con ganas de espallar medias verdades e mentiras completas sobre a súa vida. 

O escritor sempre se sentíu illado das correntes culturais de moda do seu tempo e aínda así non tiña demasiada piedade cando de facer crítica literaria sobre algunha obra recén publicada se trataba, sobre todo se o autor/a da mesma alababa os valores puritanos, que el detestaba. Os seus artigos e críticas facían gañar moitos cartos a editoriais e xornais, sen embargo Poe recibía un salario mísero e non paraba de gañar firmes inimigos. 

O seu círculo de protección más íntimo estaba formado pola súa tía Clemm e a súa prima Virxinia, que se convertiría na súa esposa con tan só 14 anos, aínda que no rexistro civil constara que tiña 21. Clemm e Virxinia foros as mulleres que o blindaron sempre contra a soidade. 

En xaneiro de 1845 Poe publicou o poema que o faria tocar o ceo: The Raven (O Corvo). Este poema era recitado en todos os círculos literarios de renome, pero aínda así Poe continuaba sen ser valorado o suficiente como autor. 

As fontes literarias das cales bebeu foron a novela gótica inglesa, con Ann Radcliffe, Charles Maturin e Horace Walpore como expoñentes e tamén a novela gótica alemana. En poesía a súa inspiración principal, ademáis de Lord Byron, foi o romanticismo inglés con Coleridge e Percy Bysshe Shelley entre outros/as. 

Os contos de terror ou contos góticos de Poe son a súa obra máis xenuína ca cal o autor, máis que pretender aterrorizar pretende elevar este xénero á unha categoría de suxestión máis profunda, con moito contido onírico e simbólico, máis psicolóxica e con contido similar ao dos soños e pesadelos. A súa xenialidade residíu principalmente na habilidade para describir estados de ánimo (sobre todo a transición entre os mesmos). 

As pantasmas cambiaron no imaxinario social tras a literatura de Edgar Allan Poe: xurdiron novos medos, máis profundos e ocultos ate o momento, de seguro porque a literatura de Poe levaba unha grande carga de escuridade e é complexo describir a escuridade so falando de luces. Poe nomea o que non ten nome e aquello que as luces do progreso ían apagando. 

Ao longo da história da literatura as interpretacións sobre a figura das pantasmas foron variadas: as pantasmas foran descritas como algo tan real como as personas, como entidades que pasaban pola vida dos seres humanos, como Epifanías e aparicións, como algo esotérico e sobrenatural; sen embargo, con Poe as pantasmas pasan a ser ademáis entes motivados polos desexos ocultos, que fan acto de presencia na limitada vida das personas, en ocasións como evasión de liberdade e noutras como resposta a realidades opresivas. 

De todos os tipos de pantasmas tratados na literatura Poe articulou especialmente ben aqueles cun campo de acción limitado ao espazo da mente: as pantasmas que nacen e morren con nos, aquelas que son imaxes elaboradas en resposta a desexos inconfesados e en ocasións descoñecidos e que por tanto, aquelas que para aparecer tiveron que franquear a barreira psicolóxica medindo entre tódalas áreas da psique humana. 

A morte de Poe foi o seu último relato de misterio, foi tal vez como si o autor quixese deixar neste mundo unha historia sen utilizar tinta nin papel. Poe saiu de viaxe, nunca chegou ao seu destino, apareceu nunha taberna de Baltimore, cidade na que soamente tiña que facer un breve trasbordo na viaxe. 

Atopárono borracho, delirando e vestido con roupa que non era súa. Foi levado a un hospital pero nunca máis volveu en sí. Morreu en poucos días. Ninguén sabe o que Poe fixo durante o tempo que desapareceu pero a versión máis veces relatada ten que ver con piquetes políticos da época, que o reclutaron e a cambio de comida e bebida o levaron de mesa en mesa electoral votando varias veces.

No día do seu pasamento unha longa esquela apareceu publicada no xornal New York Tribune a cal comezaba dicindo: "Edgar Allan Poe morreu. Morreu antonte en Baltimore. Esta noticia sorprenderá a moitos e algúns sentirán pena". Desta esquela, aínda que o principio aparecía firmada baixo o nome de Ludwig,  pronto se coñeceu que foi obra de Rufus Wilmot, un editor e crítico que mostrara dende sempre unha tremenda aversión cara Poe (e que tras a morte deste seguíu empeñado en destruir a reputación do autor gañando cartos á súa costa como albacea literario). 

A pesares de que Wilmot foi denunciado por aqueles que conocían de verdade a Poe e lle tiñan afecto a versión máis aceptada pola sociedade e a que pasou á historia foi sempre a mais negativa sobre el. En canto á súa morte, a falta de probas esta é un misterio...aínda por escribir. @mundiario

Comentarios