Mil copias da Ría de Viveiro debuxada por Domingo Fontán

Plano de la Ría de Viveiro (Lugo). / Domingo Fontán
Plano da Ría de Viveiro (Lugo). / Domingo Fontán
Domingo Fontán Rodríguez (Porta do Conde, Portas, 1788 - Cuntis, 1866) fue un ilustrado, matemático, político e xeógrafo, famoso polo primeiro mapa topográfico e científico de Galicia.
Mil copias da Ría de Viveiro debuxada por Domingo Fontán
Estamos ante a Carta Náutica que fixo Domingo Fontán sobre a Ría de Viveiro. Divulgada no seu momento coa intención de deixar no ente común unha imaxe dun traballo histórico relevante e que era pouco coñecido. Dende 20181.000 copias rodan por Viveiro. É o reflexo en papel da desembocadura dun río o Landro. Nace na Serra do Xistral, percorrendo 42 km e 268 km² en valeiro, pasa por un humidal ou xunqueira e ó seu término forma a Ría, un dos 18 estuarios que configuran a costa de Galicia, de orixe tectónico no Cenozoico e cubertas polo mar no Neoxeno.

Domino Fontán Rodriguez (Portas,1788- Cuntis,1866) foi un político, empresario e científico, secretario da Deputación provincial de Galicia, director do Observatorio Astronómico de Madrid, da Escola de Enxeñeiros e Xeógrafos ou membro da Societé de Geographie. Aprendeu de novo co seu tío o cura de Noia Sebastián Rodríguez Blanco, tamén foi discípulo de José Rodríguez González, "o matemático do Berbés". A faceta menos coñecida é a económica pois foi un potente industrial, bibliotecario e presidente da Sociedade Económica de Amigos do País, herdou de seu pai a papeleira de Lousame en Noia, ou obtivo o permiso para a construción dun ferrocarril.

Destaca pola famosa Carta Xeométrica de Galicia editada en 1845Esta iniciada en 1817 e rematada en 1834, comenzando o traballo de campo no Pico Sacrolevándoo a percorrer e viaxar por Galicia perante 16 anosFoi o primeiro mapa topográfico e trigonométrico feito en calquera dos territorios de España con métodos científicos e medicións matemáticas , é dicir, medición de bases, triangulación, altimetría, barométrica e outros. Pasará a posteridade por cartografiar Galiciapor ser de algún modo o que lle sacaba a primeira foto, deixando ver o rostro real da vella Gallaecia.

Pero aquí falaremos doutro traballo relacionado, en concreto o plano da Ría de Viveiro, que é de 1826, publicado por Sebatián de Miñano. Quizais dos antigos, sexa o máis fiel á realidade xeográfica da Ría xunto a outro da Armada de 1797. Este que se reproduce foi recuperado polo marchante de grabados inglés Laurence Shand, afincado na capital hispalense, para rematar en mans particulares e expoñerse ou darse a coñecer case dous séculos despois da súa creación. Realizado en pranchas de cobre e pintado con acuarela a man. Grazas a el podemos observar cambios do aspecto da Ría e nomes totalmente distintos da actualidade, sobresae o gran areal de Grallal no fondal ou desembocadura, todo dunha peza, amosa quizaís o que foi unha das ensenadas máis ricas e fermosas de Europa.

O autor os anos de 1824 e 1825 solicitou “súplica de purificación “séndolle denegada pola Xunta de Santiago, por iso en 1826 viaxou á “Villa y Corte” a efectos de solicitar novamente a súa purificación. En ocasión de tal viaxe coñeceu persoalmente ó abate Sebastián de Miñano y Bedoya, quen por esas datas publicaba o “Diccionario Geográfico y Estadístico de España y Portugal”, e púxose en contacto con Fontán solicitándolle información para a redacción de dito Diccionario, proporcionándolle o mapa de parte occidental, que tiña casi concluso. Igualmente coñeceu por mediación de Miñano a Luis López Ballesteros, Ministro de Facenda de Fernando VII, quen brindou colaboración para concluir la Carta Xeométrica. O 22 de agosto de 1826, Domingo foi purificado e reposto na cátedra de Matemáticas Sublimes da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén no ano de 1826 por Real acordo da Audiencias fixo a división xudicial e municipal de Galicia. Un 13 de outubro do devandito ano recibiu o Diploma de Socio da Real Academia da Historia.

Entre 1826 e 1829 foron publicados, na escala de 2 leguas de 20 graos as seguintes cartas:

> “O plano do País Adxacente as Tres Rías da Coruña, Betanzos e Ferrol”.

> “O da Ría de Pontevedra coas Illas de Ons e Oza”, a escala de 1000 varas.

> “O da Ría de Vigo e parte da Península do Morrazo” a escala de media legua.

> “O da Ría de Viveiro” a escala de media legua.

> “O da Ría de Arousa” a escala de 3 millas.

Aquí describe os 5 principais portos da comunidade. Neste caso particular deixa ver a importancia como porto da Ría de Viveiro, e o seu peso estratéxico no transporte marítimo cantábrico. Era un punto de entrada de mercadorías ou un refuxio para a navegación. Hoxe atestiguan estes feitos xacementos ou pecios. Sabemos dun Astrolabio atopado por FEDAS no 2021, datado entre o XVI e o XVIII, unha xoia tecnolóxica única, da que so se coñecen 107 en todo o mundo, asimesmo dentro desta campaña de investigación saíron á luz moitos máis datos. Outra das máis insignes e tristes referencias, foi na guerra da independencia o naufraxio tras un forte temporal (a noite do 1 ó 2 de novembro de 1810) do Bergantín Palomo e a Fragata Magdalena, donde finaron 555 persoas, o que se cree unha das mariores traxedias navais de España. Ademais foi testigo dun fito histórico ó atopar na praia o cadáver do Capitán Blas de Salcedo y Salcedo (1758-1810) apertado ó seu fillo o guardamarina Blas de Salcedo Reguera, o que supuxo que se fixera unha Real Orde de non embarcar a familiares directos no mesmo navío, quedando para a o porvir de seguridade civil e militar.

Deste plano consérvanse algúns exemplares nas principais institucións e entidades galegas, ainda que poucas copias. Na vila do Landro sabemos de duas en mans particulares. Un traballo que relaciona Viveiro coa figura de Fontán que foi é un dos científicos máis admirados de Galicia como deixaron constancia Castelao, Otero Pedrayo ou CunqueiroA súa impronta marcou un regueiro de mencións que continua a día de hoxe.

Os mapas en papel deixaron de existir para abrir camiño ós formatos de gps ou dixitais. Pero non esquezamos dos seus ancestros, as antigas cartasque entón axudaron a posicionar e descubrir o mundo coñecidoHai que destacar a envergadura destes vellos rolos, usados durante séculos. Era toda unha odisea, entendelos, estudalos ou aplicalos, ás veces non era doado, nin acontecía nas mellores circunstancias. Como escribía Herman Melville en Moby DickNon está marcada en ningún mapa: os sitios de verdade non o están nunca”. @mundiario

 

Mil copias da Ría de Viveiro debuxada por Domingo Fontán
Comentarios