O mércores 3 de agosto comeza a XXVIII edición de Alfaroleiros

Alfaroleiros, en Santa Cruz (Oleiros, A Coruña). / Mundiario
Alfaroleiros, en Santa Cruz (Oleiros, A Coruña). / Mundiario
A feira de olería máis importante de toda España, tal e como a cualifican os profesionais do sector, concentrará un ano máis os mellores oleiros tradicionais da Península Ibérica.
O mércores 3 de agosto comeza a XXVIII edición de Alfaroleiros

O parque Luis Seoane de Santa Cruz acollerá, entre os días 3 e 7 de agosto, a XXVIII edición de Alfaroleiros.

A feira de olería máis importante de toda España, tal e como a cualifican os profesionais do sector, concentrará un ano máis os mellores oleiros tradicionais da Península Ibérica que destacan por ser únicos nas súas respectivas zonas de procedencia e pola calidade e pureza dos seus traballos.

O horario de exposición e venda será de 10:00 a 22:00 horas.

Paralelamente á feira, o Concello de Oleiros organiza numerosos espectáculos, concertos e actividades para todos os públicos, abertas e gratuítas.

Cartel de Alfaroleiros. / Mundiario
Cartel de Alfaroleiros. / Mundiario

A programación da XXVIII edición de Alfaroleiros é a seguinte:

- Acto de inauguración: mércores, 12:30 horas, parque Luis Seoane.

- Concerto Son Boleros: mércores, 21:00 horas, praza Esther Pita.

- Demostración de olería: xoves, 18:30 horas, parque Luís Seoane.

- Espectáculo de maxia de A Maga Fani: xoves, 20:00 horas, parque Luís Seoane.

- Proxección de cine Spirit indomable: xoves, 22:15 horas, praza Esther Pita.

- Demostración de olería: venres, 13:00 horas e 18:30 horas, parque Luís Seoane.

- Espectáculo de rúa Trasno: venres, 20:00 horas, parque Luís Seoane.

- Concerto de Guadi Galego: venres, 22:00 horas, praza Esther Pita.

- Demostración de olería: sábado, 13:00 horas, parque Luís Seoane.

- Xogos tradicionais Eira Xandobeleira: sábado, 18:30 horas, parque Luís Seoane.

- Demostración de cociña en vivo co cociñeiro David Sánchez: sábado, 20:30 horas, parque Luís Seoane.

- Concerto gREAT sTRAITS: sábado, 22:00 horas, praza Esther Pita.

- Demostración de cociña en vivo co cociñeiro Alejandro Iglesias: domingo, 13:00 horas, parque Luís Seoane.

- Obradoiro A olería nas túas mans: domingo, 18:30 horas, parque Luís Seoane

- Xogos tradicionais Eira Xandobeleira: domingo, 19:00 horas, parque Luís Seoane.

- Pasarrúas do Grupo de gaitas Santaia: domingo, 19:30 horas, parque Luís Seoane.

- Concerto de La Quinkillada: domingo, 21:30 horas, praza Esther Pita. @mundiario

O mércores 3 de agosto comeza a XXVIII edición de Alfaroleiros
Comentarios