A mente humana no pórtico da ciencia: o expansivo universo da psiquiatría

O pensamento segue a ser un reto da humanidade.
O pensamento segue a ser un reto da humanidade.
Se o novo século vén ser mecánico e aséptico, o pensamento é diverso e multitudinario, un chamamento ao interminábel diálogo da paz na Terra.
A mente humana no pórtico da ciencia: o expansivo universo da psiquiatría

O individuo contemporáneo é un mar de dúbidas por mor do exceso e falsidade da información que recibe, a perda das centenarias costumes desta sociedade, e, sobre todo, o feito de contar cun gran benestar para o cal non foi educado.

Por outra banda, a arte contemporánea (expresión do sentir popular) é un chamamento á psique: o Estado xa non pode ser tirano, dado que a poboación está firmemente educada para esixir liberdades. Así, desbótanse a violencia e a represión e a poboación adquire un soldo e a súa evasión.

Mais, sabe o pobo o que quere? Os poderosos, que impoñen a oferta do emprego e o tempo libre, procuran a erradicación das ideoloxías, xa que caen en risco de perder o seu patrimonio centenario. Deste xeito, minusvalórase a arte por tódolos medios para evitar a transformación da sociedade.

Está cómoda a sociedade do benestar? Esta paz, este "nada pasa e todo vale", cústalles ás autoridades a simplificación dos valores das nosas culturas baixo o temor da confrontación, mais silencian o verdadeiro diálogo da paz.

A psiquiatría, ciencia emerxente, adéntrase nesa psique para vencellar o sentir e a convivencia, descobrendo as lacras que a sociedade deposita no individuo. A pesar de que bebe de dubidosos estudos sanitarios que aínda aportan ás letras superstición e o estigma da enfermidade, a psicanálise é unha estupenda práctica na que todos deberïamos caer nalgún momento das nosas vidas, xa que todo pensamento ten enigmas por resolver.

Se o novo século vén ser mecánico e aséptico, o pensamento é diverso e multitudinario, un chamamento ao interminábel diálogo da paz na Terra.

O universo da psiquiatría achará características da persoa extraordinarias, e destapará os medos e os complexos nunha loita pola perfección e a felicidade do eficiente individuo cuxa evolución reside no exercicio da súa mente. @mundiario


   

A mente humana no pórtico da ciencia: o expansivo universo da psiquiatría
Comentarios