A mente humana no pórtico da ciencia: a erradicación dos virus

Coronavirus. / Mundiario
Coronavirus. / Mundiario
Cren vostedes que o noso grao de desenvolvemento está consumado? Eu penso que os celmes da evolución científica comezan neste século. / Relato literario
A mente humana no pórtico da ciencia: a erradicación dos virus

A Medicina contemporánea é a nova misión da Humanidade: os parásitos acelulares que queren alterar o noso organismo, máis vale que queden onde están: non máis científicos no paro! Urxe ás nosas institucións promover a investigación.

Os virus atácannos, poderemos nós burlalos no seu macabro existir?

Coido que a sociedade haberá de asumir e incrementar as medidas de hixiene por sempre, xa que estimo que a erradicación provén da prevención do contaxio.

Por unha banda, a respecto do contacto directo, por que non resgatar os xeitos da antiga cortesía contra o acoso e a libertinaxe? Ademáis, e necesariamente, as empresas farmacéuticas axiña terían que pór ao noso servizo: cosmética antivirus, ambientadores desinfectantes... As vías físicas de contaxio témolas que ter protexidas, con produtos químicos que maten a todo virus.

Diversificaranse e gañarán respecto as empresas de limpeza, ademáis de se potenciar o coidado da auga e os alimentos no sistema da industria.

Un virus infectando unha célula.

Un virus infectando unha célula.

Os produtos antivirus terían que ser, cadora, repelentes de parásitos e artrópodos.

Por outra banda, a tecnoloxía sanitaria ten que aprender a enganar aos virus que manipulan as nosas células! Acharán a vacina matriz que nos libre de todos os virus, xa que todos os virus teñen características en común.

Dicía Darwin que sobrevive a especie que mellor se adapte...: os virus mutan, mais a Humanidade aprende!

A Medicina, confiemos, fará do virus microscópica importancia. Mediante o estudo da xenética e a célula viva, dirémoslles aos virus “aí te quedas”, xa que os repeleremos da corteza e a depredación da nosa unidade de vida.

Todos os virus teñen algo en común! E a “humanidade” é un termo singular que loitará en unidade pola Sanidade Universal. Un microorganismo acabaría coa riqueza do ser humano! Aprendamos todos da ciencia! @mundiario



           

Comentarios