Buscar

A mente humana no pórtico da ciencia: o combustíbel que será o definitivo

A fotólise salvará o planeta revolucionariamente, traendo paz e bonanza. Está a investigarse seriamente? O futuro está nas mans deste estudo, que coido será unha firme aposta do século XXI.
A mente humana no pórtico da ciencia: o combustíbel que será o definitivo
Fase luminosa da fotosíntese.
Fase luminosa da fotosíntese.

O gran debate do subministro enerxético, que xera tanto confrontación coma preocupación, por mor da desfeita que tanto os hidrocarburos coma a batalla nuclear ten operado no noso planeta, será atallado do xeito máis natural e exitoso como acadará a investigación científica: a emulación da reacción química que ten lugar nos cloroplastos dalgunhas bacterias e os vexetais durante a fotosíntese (proceso no cal convirten materia inorgánica en orgánica absorbendo auga da terra e liberando osíxeno).

É dicir, que os organismos fotoautótrofos, ao recibir enerxía lumínica, creban as moléculas de auga liberando enerxía e, o mellor de todo, producindo hidróxeno e osíxeno. Deste xeito, se a tecnoloxía vira o xeito de reproducir a fotólise (así chámase a reacción química), acharía a fonte de enerxía máis equilibrada do mundo, xa que os seus recursos son o sol e a auga.

Semella tan natural que debe ser así! Esta fonte de enerxía acabará coas guerras e competencias inxustas polos recursos, aínda que habería que ver que medios se precisar para a construción das máquinas que poidan alimentar os motores e baterías do conglomerado tecnolóxico mundial.

E é que a enerxía nuclear debera ser abolida polo perigo en potencia que supoñen as centrais e os residuos tan nocivos.

Tampouco o petróleo debera ser estragado como combustíbel, pois contamina e non é renovábel (pódese esgotar).

As máquinas do futuro terán vida: serán organismos de artificio que preservarán o ecosistema, do que tanto nos queda por aprender, nel están todas as respostas.

A fotólise salvará o planeta revolucionariamente, traendo paz e bonanza. Está a investigarse seriamente? O futuro está nas mans deste estudo, que coido será unha firme aposta do século XXI. Por iso, ao mesmo tempo, as poboacións deben protexer o medio ambiente se queren obter respostas! @mundiario