A mente humana no pórtico da ciencia: as chaves do cancro

Na loita contra o cancro, unámonos todos.
Na loita contra o cancro, unámonos todos.

O descobremento da cura e a xénese do cancro será un fito histórico que nos predisporá a unha fortaleza e seguridade universais. / Relato

A mente humana no pórtico da ciencia: as chaves do cancro

Un dos bastións da mortandade é o cancro: a persoa padece tumores de nefastos efectos que, en grande parte dos casos, lévanlle á morte, xa que o tratamento do cancro é aparatoso, traumático e insuficiente, ao non saberse actuar doutro xeito ante ese fenómeno que fai que as células dun tecido se dividan, crezan e diseminen sen control.

O cancro son células anómalas que se resisten á morte celular (chámaselle, ao regular suicidio celular, “apoptose”).

No ciclo celular, as células divídense e compórtanse sostíbelmente a prol da corrección e o equilibro do funcionamento do noso corpo...

Agora quero amosar os paradoxais deste mal, o cancro, segundo os cales valoro que, tralo arduo achádego da xénese do cancro, a Medicina descobrerá a vida eterna!

O risco de desenvolver tumores aumenta coa idade, e conta cunha predisposición hereditaria.

Así, as mutacións do ADN, que se dan ao longo da nosa vida, e que son naturais ou adquiridas (a secuencia de nucleótidos dun xen altérase), ás veces deveñen en células cancerosas.

Quero amosar a peza humana da eterna xuventude: o telómero. Éste é o final dun cromosoma, un filamento de secuencias repetitivas de ADN que se vai acortando ao dividirse as células provocando o envellecemento natural.

Como dato e aporte apaixonante, dicir que o telómero das células cancerosas non se acorta!

Descobrerá a investigación científica a chave da vida eterna ao captar a xénese do cancro?

Poderá a ciencia reconducir a reprodución desaforada das células para rexenerar membros mutilados (accidentados, lesionados) no corpo humano?

Poderemos empregar as mutacións á medida para mellorar as capacidades e a adaptación da especie humana?

O descobremento da cura e a xénese do cancro será un fito histórico que nos predisporá a unha fortaleza e seguridade universais. @mundiario


    

A mente humana no pórtico da ciencia: as chaves do cancro
Comentarios