A mente humana no pórtico da ciencia: o alarmante fracaso da filosofía

El Pensador, de Auguste Rodin. / RR SS.
O Pensador, de Auguste Rodin.
Se ben, nos nosos tempos, xa non hai analfabetos, as culturas auténticas están a ser perseguidas e aniquiladas, ao igual que a identidade dos cidadáns libres sempre que non se unen ao sistema.
A mente humana no pórtico da ciencia: o alarmante fracaso da filosofía

As nosas autoridades aluden á "democracia" cando falan de xustiza e liberdade, mais son eles e non o pobo quen as xestiona. Os votantes están condenados a traballar e mirar a televisión para facer patria. Por outra banda, ese termo, provinte da Grecia clásica, foi ideado pola Filosofía: son os nosos políticos bos pensadores? É a poboación meditativa? Conta o pensamento da poboación?

Se ben, nos nosos tempos, xa non hai analfabetos, as culturas auténticas están a ser perseguidas e aniquiladas, ao igual que a identidade dos cidadáns libres sempre que non se unen ao sistema. A meta da filosofía para o pobo era acadar a felicidade, mentres que agora o lucro económico.

A xente xúlgache polo teu poder adquisitivo e non pola túa calidade humana. Esíxennos votar mais non actuar con educación, xa que os valores desta sociedade non están lexislados. Séculos e séculos de Historia: temos acadado o coñecemento? Ten ética o coñecemento nos nosos tempos?

O sistema está errado desde o punto en que os máis ricos son os máis importantes. A cultura non ha ser un negocio senón o espello das historias anónimas que enriquecen o paso do tempo.

A Historia está condenada a colapsarse se os cidadáns non a estudan. A política cambia a historia porque o pobo está preso dos bancos, o exceso e a televisión.

Un cidadán deste mundo ten que facer os seus soños realidade para cambiar o mundo. Daquela, as casas filosóficas irán mudando. Porque a Ciencia e o planeta evolucionan, a Filosofía xamáis se extinguirá.

Todo aquel que medite un silencio está capacitado para opinar: a autonomía do cidadán parte do seu pensamento, e a diversidade dunha sociedade é a riqueza. O pobo terá o poder cando tome o papel da política e escriba o seu futuro. @mundiario



   

Comentarios