Os mariñeiros non teñen dereito a seren vacinados?

Vacuna de Janssen. / RR SS.
Vacina de Janssen. / RR SS.
Un problema do Goberno central ou da Xunta?. Un problema compartido por ambos os dous?.  Seguro que sí.
Os mariñeiros non teñen dereito a seren vacinados?

Armadores, organizacións profesionais, sindicatos e, obviamente, o propio sector pesqueiro reclaman desde vai tempo, un trato axeitado aos mariñeiros para evitar que lles afecte a pandemia do coronavirus. Unha esixencia que resume moi ben o secretario xeral de Cepesca, Javier Garat, cando dixo: "O pago ao esforzo dos pescadores na pandemia foi negarlles a vacina".

Non sei se o termo axeitado é "negarlles", mais a realidade é que nin o Goberno central, nin a Xunta, moveron un só dedo para situar aos mariñeiros no mesmo nivel de atención no que colocaron a outros profesionais considerados indispensables pola tarefa que desenvolven.

Os mariñeiros levan meses de retraso respecto dos demáis membros desa grandísima familia de persoas que laboraron e aínda laboran a prol da saúde dos cidadáns e, lóxicamente, a propia. Traballadores da pesca e da mariña mercante reciben agora -quixera que non fose tardíamente- as doses que lles corresponden da vacina anti-virus axeitada á súa idade, após todas as reclamacións habidas e por haber. E a un, particularmente, gostaríalle saber o por que xa que logo vacinas disque as había.

Un problema do Goberno central ou da Xunta?. Un problema compartido por ambos os dous?.  Seguro que sí.

A patronal pesqueira Cepesca solicitou do Ministerio de Sanidade un plan específico para 45.000 traballadores (de pesca e de mariña mercante) polas particularidades do labor que realizan. E aínda tardaron un mes en comezar en Galicia a vacinación sendo como é a máis importante comunidade pesqueira de España e, sin embargo, a última en recibila. 

Por que, a que se debe, que escusa xustifica o retraso si eran -e son- traballadores esenciais?.

A propia Cepesca deu a coñecer a posibilidade de que, de non seren vacinados os seus tripulantes, moitas embarcacións poideran ter quedado amarradas ao porto.

Que a Unión Europea ignore que o traballo a bordo dos pesqueiros conleva que o persoal comparta espazos moi reducidos nos que a transmisibilidade é moi, moi posible, e que na pesca de altura, debido ós longos periodos de tempo no mar existen serias dificultades para vacinar aos tripulantes en base á planificación gobernativa, non se pode entender; pero aínda menos se entende nun país como Galicia, que ten á pesca e á mariña mercante coma eixos da súa economía e unha sementeira de postos de traballo da que se nutre.

Xunto a algúns militares de alta graduación e sacerdotes con responsabilidades moi altas na católica España, e xa non digamos alcaldes e polìticos que tamén se vacinaron pola vía rápida, chama a atención que aqueles que estiveron e están subministrando peixe para que a poboación non  carecera desta materia prima tan necesaria, sexan os últimos da fila na atención que debía ser preferente polo simple feito da necesidade que, como persoas que tamén traballan para que os demáis poidamos vivir, lles corresponde.

É vergoñento, como xa dixo tamén vai semanas, a asociación Aetinape. E por riba, ninguén deu a cara para explicar o por que.

Unha demisión ou un cesamento sería exemplarizante, non si?. @mundiario

  

Os mariñeiros non teñen dereito a seren vacinados?