Buscar

María Victoria Moreno, a estremeña que escolleu Galicia e a lingua galega

A protagonista do Día das Letras Galegas chegou a Galicia en 1963 para exercer de docente de Lingua e literatura castelá. Non obstante, xa nos anos setenta facía oco durante as súas clases para introducir os grandes nomes da literatura en Galicia aos seus alumnos.

María Victoria Moreno, a estremeña que escolleu Galicia e a lingua galega
María Victoria Moreno revisando un texto. / RAG
María Victoria Moreno revisando un texto. / RAG

Firma

Pilar Grela Barros

Pilar Grela Barros

En 2017 se graduó en Comunicación Audiovisual, participó en el equipo de prensa del I Congreso Internacional de AGACOM, en el que también fue ponente, y publicó su trabajo de fin de grado en la Revista de la Asociación Española de Investigación de la Comunicación. Realizó prácticas en La Voz de Galicia, es investigadora de las prácticas de alfabetización mediática en televisiones europeas en la Facultad de Ciencias de la Comunicación de la USC y cursa el Máster en Periodismo y Comunicación del mismo centro. Desde 2018 colabora en MUNDIARIO, donde ahora coordina la edición GALICIA.

A homenaxeada este 17 de maio era galega porque así o decidiu. Malia nacer en Estremadura, criarse en terras castelás e estudar en Barcelona e Madrid, María Victoria Moreno escolleu Galicia. O idioma na creación literaria, e na vida, sería en adiante sempre o galego, e a gran maioría das obras que escribiría dedicaríaas á xente miúda e adolescente, aínda que tamén escribiu poesía e relatos para o público adulto, ensaio e crítica literaria. Coma profesora, foi capaz de espertar vocacións e conciencia lingüística nas aulas, porque aínda que era docente de Lingua e literatura castelá, xa nos anos setenta lles facía oco nas súas clases aos grandes nomes das letras galegas.

 

"Sei escribir para adultos, pero non me interese escribir para eles", dixo con rotundidade nunha ocasión María Victoria Moreno cando lle preguntaron por que decidiu dirixirse ao público máis novo. Pero a vivencia dun cancro, que puxo fin á vida da autora en 2005, deu lugar a un novo título para o público maduro, Diario da luz e a sombra (Xerais, 2004). Outra proba máis, Elexías de luz (Xerais, 2006), fíxose pública postumamente, descubrindo unha faciana, a da poeta, que a autora mantivera fundamentalmente no ámbito privado.

Ao respecto do idioma, nos primeros anos setenta a autora fíxose a promesa de publicar so en galego, mais incumpriuna cando a súa parella, Pedro Ferriol, insistiu en que publicase a súa primeira novela, Donde el aire no era brisa. Tras o falecemento de María Victoria Moreno, o seu viúvo empeñouse en que esta obra vise a luz na lingua que a autora fixo súa.

Begoña Llácer Moreno, filla da protagonista do Día das Letras Galegas 2018, declarou que "a maioría dos libros (de María Victoria Moreno) teñen moita parte de realidade, baséanse en feitos que aconteceron na nosa casa ou fóra, por iso ás veces os nomes das persoas son reais". Sobre a deidcación deste día á figura da súa nai, engadiu que "está sendo moi bonito e ao mesmo tempo duro, especialmente cando oes a súa voz. Pero estou moi contenta, sobre todo polo que significaría isto para ela". @galiciamundiari

María Victoria Moreno. / Redes Sociales

María Victoria Moreno. / Redes Sociales

Obra en galego

Literatura infantil-xuvenil (LIX)

> Mar adiante, Sada, Ediciós do Castro, 1973.

A festa no faiado, Vigo, Galaxia, 1983.

> Leonardo e os fontaneiros, Vigo, Galaxia, 1986. 3º Premio O Barco de Vapor.

Anagnórise, Vigo, Galaxia, 1988. Incluida na Biblioteca Galega 120.

> O cataventos, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1989.

> Verso e prosa, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991.

> ¿Un cachiño de bica?, Vigo, SM, 1994.

> ¿E haberá tirón de orellas?, Vigo, Galaxia, 1997.

> A brétema, Vigo, Ir Indo, 1999.

> Guedellas de seda e liño, Vigo, Galaxia, 1999.

> Eu conto, ti cantas, Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2005.

Ensaio

> As linguas de España, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991.

> Diario da luz e a sombra, Vigo, Xerais, 2004.

Narrativa

Querida avoa, Vigo, Contos do Castromil, 1993.

Poesía

Elexías de luz, Vigo, Xerais, 2006.

Traduccións

Mecanoscrito da segunda orixe (Mecanoscrit del segon origen, 1974), de Manuel de Pedrolo, Vigo, Galaxia, 1989.

Obras colectivas

> "O cataventos", en Contos para nenos, Vigo, Galaxia, 1979.

> "Comentarios de texto: descubrir a realidade", en Xornadas da Lingua Galega no Ensino, Santiago, Xunta, 1984.

Literatura século XX , Vigo, Galaxia, 1985. Con Xesús Rábade Paredes.

> "Nico e Miños", en 8 contos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1989.

> "Querida avoa", en Lerias, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991.

> "S.O.S.", en Contos de hogano, Santiago de Compostela, El Correo Gallego, 1992.

> "O libro das saudades e os degoiros", en Ruta Rosalía 1993Caixa Galicia. Santiago de Compostela, 1993.

> "Pan con chocolate", en Relatos para un tempo novo, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1993.

> "Discurso pronunciado por Xesús Alonso Montero no acto no que recibiu o Pedrón de Ouro", en Comentarios de textos populares e de masas, Vigo, Xerais, 1994.

> "¿Escritora alófona eu?", en Poetas alófonos en lingua galega, Vigo, Galaxia, 1994.

E dixo o corvo..., Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1997.

> "¡Xa non teño medo!", en A maxia das palabras, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1998-1999.

> "Amigos de mil cores", en Campaña de Lectura 2001, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2001.

> "Carta de amor", en Carlos Casares: a semente aquecida da palabra, Santiago de Compostela, CCG, 2003.

> "O encontro", en Un libro, a maior aventura, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2003.

> "O grumete", en Contos de charlatáns, grumetes, botas e fendas, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2004.

Obra en revistas

> "Estou a escribir a contrarreloxo". Entrevista con Xosé A. Neira CruzFadamorgana. Santiago de Compostela, nº 3 (diciembre 1999).

Obra en castelán

Edicións

Os novísimos da poesía galega / Los novísimos de la poesía gallega (ed. bilingüe), Madrid, Ediciones Akal, 1973.

Obra en revistas

M.V.M., una profesora feliz de serlo, en CLIJ: cuadernos de literatura infantil y juvenil, Barcelona, nº 41 (xulio-agosto 1992).

Novela

Alcores de Donalvar. Orixinal inédito en castelán, de 1969, traducido por Xavier Senín ao galego baixo o título Onde o aire non era brisa, Galaxia, 2009.

Traduccións

El perro Rin y el lobo Crispín, 1986, de Carlos Casares Mouriño.