Marcha en Compostela pola dignidade dos medios públicos

Os seus xornalistas reclaman "erradicar a manipulación", recuperar programas de produción propia e "contidos de servizo público". Tamén propoñen crear o consello de informativos e o estatuto profesional da CRTVG
Este sábado, máis de 200 traballadores dos medios públicos galegos mobilizáronse polas rúas de Santiago de Compostela para pedir o "fin da manipulación" na información. Ao acto de protesta acudiron os líderes dos tres partidos da oposición no Parlamento.
A marcha, convocada polo Comité Intercentros da CRTVG e o comité de empresa de CRTVE, arrincou desde San Marcos, onde se atopan as sedes da CRTVG e de TVE en Galicia.
Na compostelana Praza de Praterías, os xornalistas sumados a protesta reclamaron "erradicar a manipulación", recuperar programas de produción propia e "contidos de servizo público". Tamén propoñen crear o consello de informativos e o estatuto profesional da CRTVG e garantir a información de proximidade. Pola dignidade dous medios públicos, foi o seu lema.
Tati Moyano e Alfonso Hermida reclamaron a dignidade dos medios públicos. / Twitter
Outras reivindicacións dos traballadores dos medios públicos pasan por evitar a "precarización" do emprego e buscar un "traballo de calidade" nos profesionais á marxe dos partidos políticos.
A CRTVG non fixo declaracións sobre esta protesta pero a TVG e a RG deron conta da manifestación. Pronunciaronse en cambio os líderes de En Marea, PSdeG - PSOE e BNG, con críticas xeralizadas a presidencia da Xunta de Galicia, en mans do PP. @mundiario