Marcha en Compostela pola dignidade dos medios públicos

Manifestación pola dignidade dos medios públicos en Compostela. / RR SS
Manifestación de traballadores dos medios públicos en Compostela. / RR SS

Os seus xornalistas reclaman "erradicar a manipulación", recuperar programas de produción propia e "contidos de servizo público". Tamén propoñen crear o consello de informativos e o estatuto profesional da CRTVG

Marcha en Compostela pola dignidade dos medios públicos

Este sábado, máis de 200 traballadores dos medios públicos galegos mobilizáronse polas rúas de Santiago de Compostela para pedir o "fin da manipulación" na información. Ao acto de protesta acudiron os líderes dos tres partidos da oposición no Parlamento.

A marcha, convocada polo Comité Intercentros da CRTVG e o comité de empresa de CRTVE, arrincou desde San Marcos, onde se atopan as sedes da CRTVG e de TVE en Galicia.

Na compostelana Praza de Praterías, os xornalistas sumados a protesta reclamaron "erradicar a manipulación", recuperar programas de produción propia e "contidos de servizo público". Tamén propoñen crear o consello de informativos e o estatuto profesional da CRTVG e garantir a información de proximidade. Pola dignidade dous medios públicos, foi o seu lema.

Tati Moyano e Alfonso Hermida reclamaron a dignidade dos medios públicos. / Twitter

Tati Moyano e Alfonso Hermida reclamaron a dignidade dos medios públicos. / Twitter

Outras reivindicacións dos  traballadores dos medios públicos pasan por evitar a "precarización" do emprego e buscar un "traballo de calidade" nos profesionais á marxe dos partidos políticos.

A CRTVG non fixo declaracións sobre esta protesta pero a TVG e a RG deron conta da manifestación. Pronunciaronse en cambio os líderes de En Marea, PSdeG - PSOE e BNG, con críticas xeralizadas a presidencia da Xunta de Galicia, en mans do PP. @mundiario

Comentarios