O Maio do 68 e Galicia, a debate na Coruña

Miro Casabella en 1976 nos estudos de gravación Audio Film.
Miro Casabella en 1976 nos estudos de gravación Audio Film.

Contará con persoas que estaban alí como estudantes, hoxe significados profesionais, profesoras/es de universidade. Miro Casabella, tamén protagonista, cantará o "Venceremos nós" e outras cancións moi coñecidas naquela época.

O Maio do 68 e Galicia, a debate na Coruña

No 50 aniversario do Maio do 68, na Coruña temos por diante un acto importante, organizado polo club de opinión Foro Cívico, para rexuvenecer 50 anos; para aprender do pasado e conquistar o futuro. Recuperaremos algunhas daquelas frase que aparecían pintadas nas paredes: Cambiar a vida, transformar a sociedade; O deber de todo revolucionario é facer a revolución; Sexan realistas, pidan o imposíbel. Será este luns, 23 de abril, ás 19 horas, no salón de actos da ONCE no Cantón Grande da Coruña.

Hai que recuperar a memoria histórica e o contexto represivo, cunha Lei de Prensa de Manuel Fraga que multaba aos xornais, simplemente por informar.

Contaremos con persoas que estaban alí como estudantes e que hoxe pasan dos 70 anos, significados profesionais, profesoras/es de universidade. Miro Casabella, tamén protagonista, cantará o "Venceremos nós" e outras cancións moi coñecidas naquela época.

Os participantes –todos eles estudantes da USC en 1968– serán: Francisco Cerviño González, estudante de Medicina; Mari Luz Canal Paz, estudante de Dereito; Francisco Álvarez Fontenla, estudante de Ciencias, e Camiño Noia Campos, estudante de Filosofía e Letras, coa actuación musical de Miro Casabella. 

No Foro Cívico tamén temos tamén un folleto informativo con ampla información sobre o contexto social no que se desenvolve o Maio do 68 na Universidade de Santiago de Compostela. En realidade, as principais mobilizacións foron no mes de marzo. @mundiario

Comentarios