Madrid e Barcelona son a punta do iceberg diante dunha laxa lexislación ambiental

Contaminación en Madrid. / Mundiario
Contaminación en Madrid. / Mundiario

En realidade a contaminación e os problemas que leva consigo non afectan nin están centrados so nas grandes cidades, aínda que aquí se faga máis evidente.

Madrid e Barcelona son a punta do iceberg diante dunha laxa lexislación ambiental

O incumprimento da normativa europea por parte do Estado español en relación con contaminantes como partículas (PM2,5 e PM10), dióxido de nitróxeno ( NO2)... diu orixe a que a Unión Europea dera constantemente chamadas de atención, apertura de varios expedientes e puxera sobre a mesa a posibilidade de denunciar ao Estado español ante o Tribunal de Xustiza da UE. Neste ano Bruxelas volveu ameazar a España e a outros oito países por incumprimento “crónico” da normativa comunitaria, tendo como foco do conflicto e atención prioritario as partículas e dióxido de carbono nas grandes cidades como Madrid ou Barcelona.

Pero en realidade a contaminación e os problemas que leva consigo non afectan nin están centrados so nas grandes cidades, aínda que aquí se faga máis evidente. Tamén afecta a vilas grandes e pequenas e ao medio rural. Si a perda de esperanza de vida por mor da contaminación fose de 15 meses nas grandes cidades, nas vilas pequenas e no medio rural sería algo menor pero chegaría a 8 ou 9 meses como demostraron en estudos de saúde pública en Francia xa no ano 2016.

A contaminación afecta a mortalidade, esperanza de vida, hospitalización por asma, enfermidades respiratorias, cardiovasculares, cancro, nacementos prematuros... No ano 2013, últimos datos publicados no 2017, o 87% da poboación urbana da Unión Europea estaba exposta a concentracións de partículas finas (PM2,5) que superaban os valores establecidos pola OMS para protexer a saúde humana, na actualidade seguramente estaremos con valores inferiores en porcentaxe pero tamén serán moi notables. Ademáis a contaminación crónica é mais importante e afecta mais a saúde humana que os picos de contaminación que parece que teñen un efecto marxinal e que curiosamente sempre preocupan e poñen moi nervosas as autoridades municipais das grandes cidades.

A solución, en vez de tanta ameaza que parece non serve de moito, pasaría pola modificación da composición dos carburantes, reducción das emisións industriais e en particular das grandes industrias, reducir as emisións do tráfico, modificar os nosos hábitos por exemplo consumindo produtos locais, utilizar máis o transporte colectivo... e por aplicar, facendoos cumprir por suposto, os Valores Guía da Organización Mundial da Saúde (OMS).

A Axencia Europea de Medio Ambiente ten como referencia o 2050 como data límite para que Europa alcance niveis de contaminación atmosférica que non teñan efectos perxudiciais para a saúde humana nin repercusións inaceptables para o medio ambiente. A Comisión Europea entre as medidas aprobadas destinadas a limpiar o ar de Europa (paquete «Aire Puro para Europa») non contempla poñer en vigor os Valores Guía de calidade do Ar da OMS moito mais ríxidos que os valores límite da actual lexislación vixente, de forma que na actualidade podemos estar cumprindo a lei pero podemos “envelenarnos” de forma “crónica” por non cumprir as recomendacións da OMS.

A proba do que se afirma vémola nos mapas europeos de concentración para partículas, ozono e dióxido de nitróxeno da Axencia Europea de Medio Ambiente publicado no 2017. @mundiario

Comentarios