Este luns tamén haberá O Debate da G2 na segunda canle da TVG

Sabela Romar. / TVG
Sabela Romar. / TVG

Realizado en directo, O Debate da G2 conta en cada emisión coa participación de catro comentaristas, expertos sobre o tema que se vai tratar e representativos de todos os estamentos, que configuran un panel de debate plural.

Este luns tamén haberá O Debate da G2 na segunda canle da TVG

Este luns 2 de maio, as 18 horas, haberá tamén O Debate da G2 desde San Marcos na segunda canle da TVG, xa que ao ser festivo en Madrid non se emitirá o espazo Conexión Galicia que a esa hora se fai habitualmente os luns desde a capital de España. 

De martes a venres, O Debate da G2 é un programa en directo, de análise da actualidade, no que a xornalista Sabela Romar está acompañada por catro convidados, que esmiúzan a información de carácter político, económico e social. Un deles será este luns o xornalista José Luis Gómez, editor de MUNDIARIO, xunto con Rosana López Salgueiro, María Bastida e Juan Carlos Piñeiro.

Feito cos criterios de servizo público desde o estudio 300 de San Marcos,  O Debate da G2  abrangue unha gran variedade de temas, desde os de carácter social e económico ata os estritamente políticos.

Realizado en directo, O Debate da G2  conta en cada emisión coa participación de catro comentaristas, expertos sobre o tema que se vai tratar e representativos de todos os estamentos, que configuran un panel de debate plural.

Baixo a dirección de Maribel González, este programa chegou á faixa da tarde co obxectivo de abordar os asuntos clave da actualidade co centro do debate en Galicia. @mundiario

Este luns tamén haberá O Debate da G2 na segunda canle da TVG
Comentarios