Lobby uruguaio-español

Montevideo, la capital de Uruguay. / RR SS
Montevideo, la capital de Uruguay. / RR SS
Uruguay mantén o interese na participación de armadores galegos na creación no país dunha planta de procesado de peixe.

Empresarios uruguaios e españois conforman un lobby que manten o seu interese en que armadores do sector pesqueiro galego poidan participar na pretensión estatal de montar en Uruguay unha planta procesadora de peixe pola que tamén está interesada a administración chinesa.

A este interese asiático oponse de plano Estados Unidos, e o Goberno uruguaio tampouco abre a porta ás pretensións de China que, segundo informacións moi solventes, está a realizar un traballo silencioso pero efectivo para asentarse no país uruguaio, onde xa realizaron diversas operacións de adquisición de terreos onde queren montar plantas de procesamento. 

China fai todo ese labor no máis estrito silenzo, pero é xa un dos países que máis carne importa deste país suramericano. 

Malia todo, o interese do citado lobby uruguaio-español en que armadores galegos de barcos de pesca se involucren nesa planta de procesamento de peixe en troques de licencias de pesca e adxudicación de cotas pesqueiras, é cada vez máis evidente, como tamén o é a preferencia da administración uruguaia de que sean empresas galegas as que se sitúen aló.

En contacto este medio cos empresarios citados, poñen ao dispor dos interesados o teléfono 626877183 para realizar as preguntas que estimen oportunas ao respecto. @mundiario

Comentarios