Lixeiro aumento do crecemento da actividade económica galega en agosto

La cabecera de la edición GALICIA de MUNDIARIO sobre la desembocadura del río Miño, entre Galicia y Portugal. / Antonio Sangiao
Cabeceira da edición GALICIA de MUNDIARIO sobre a desembocadura do río Miño, entre Galicia y Portugal. / Antonio Sangiao
En agosto, Galicia por fin comezou a rexistrar actividade económica por riba do nivel do mes correspondente en 2019.
Lixeiro aumento do crecemento da actividade económica galega en agosto

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia amosou no mes de agosto un incremento interanual do +4,8%. Este crecemento consolida a recuperación da actividade económica nesta comunidade. De feito, por vez primeira dende o estoupido da pandemia, a actividade nun mes está por riba do mes correspondente a 2019.

O verán ten sido globalmente moi positivo en termos de reactivación de economía galega, pese a atrancos salientables xa evidentes como a crise dos microchips ou o encarecemento das materias primas no sector agro-gandeiro e da construdción. 

En canto á evolución individual das variables, a evolución xeral é positiva aínda que, fronte o que acontecía meses anteriores, algúns valores experimentan taxas de crecemento negativas como é o caso da matriculación e produción de vehículos turismo xunto co índice da cifra de negocios na industria e o índice de produción industrial (IPRI).  En sentido contrario, e cun comportamento espectacular salientan as variables referentes ao sector turístico (viaxeiros entrados e transportes de pasaxeiros) con crecementos interanuais superiores ao 100%.  Igualmente, outra variable cun crecemento destacable é a cifra de consumo de gasolina e gasóleo que acada o 10% de subida en termos interanuais. 

O Foro Económico de Galicia é unha plataforma de transferencia de coñecemento das universidades e empresas galegas á sociedade. Está integrada por profesores das tres universidades galegas, empresarios e directivos de referencia e xornalistas especializados en divulgación económica.  Máis de 60 persoas referentes para a análise e confección de propostas para a economía galega. @mundiario

Comentarios