Buscar

Lanzamento de "Falemos de caricatura", de Siro e Félix Caballero

A partires das entrevistas de Félix Caballero, Siro, o pai da caricatura na prensa galega e caricaturista político por excelencia nos últimos cincuenta anos, achéganos a esta arte.

Lanzamento de "Falemos de caricatura", de Siro e Félix Caballero
Portada e contraportada do libro, publicado por Xerais. / Francisco Puñal
Portada e contraportada do libro, publicado por Xerais. / Francisco Puñal

Firma

Pilar Grela Barros

Pilar Grela Barros

En 2017 se graduó en Comunicación Audiovisual, participó en el equipo de prensa del I Congreso Internacional de AGACOM, en el que también fue ponente, y publicó su trabajo de fin de grado en la Revista de la Asociación Española de Investigación de la Comunicación. Realizó prácticas en La Voz de Galicia, es investigadora de las prácticas de alfabetización mediática en televisiones europeas en la Facultad de Ciencias de la Comunicación de la USC y cursa el Máster en Periodismo y Comunicación del mismo centro. Desde 2018 colabora en MUNDIARIO, donde ahora coordina la edición GALICIA.

Falemos de caricatura, o novo libro de Siro e Félix Caballero dispoñible dende este mes de abril e publicado por Xerais, supón unha oportunidade para se achegar á maxia da caricatura da man dun dos seus mestres. A obra está composta a partires dunha entrevista a Siro, pai da caricatura na prensa galega despois da Guerra Civil e caricaturista político galego por excelencia dos últimos cincuenta anos. Nesta peza, Siro verte o seu saber práctico e teórico sobre o tema, abordando todos os aspectos esenciais desta arte dun xeito sinxelo, claro, directo e didáctico. 

Siro López Lorenzo (Ferrol, 1943) é xornalista e humorista gráfico. No ano 1970 publicou os primeiros debuxos de humor na revista Chan, que dirixía Borobó. Desde entón colaborou en Ferrol Diario, El Ideal Gallego, La Región, El Norte de Galicia, Diario 16 e Diario de León. De 1985 até maio de 2006 pertenceu á redacción de La Voz de Galicia, xornal no que tratou diariamente a caricatura da vida política galega.

Aos milleiros de caricaturas que ten publicado en xornais e revistas cómpre engadir o seu labor teórico sobre a caricatura en estudos monográficos como A caricatura como arte, publicado na revista Grial xa na temperá data de 1974; no libriño didáctico Como debuxar caricaturas (1991); ou de forma dispersa en moitas das súas publicacións, especialmente nos libros Castelao humorista (1996) e Castelao en el arte europeo (2016). Tamén é autor do proxecto da Praza do Humor da Coruña

2015092400522148000

Praza do Humor da Coruña. / Mundiario

Félix Caballero Wangüemert (Logroño, La Rioja, 1967) vive en Galicia desde 1991 e é doutor pola Universidade de Vigo e licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra. Ao longo da súa obra literaria fai fincapé na abordaxe do humor en clave galega, ao que dedica xa catro libros, contando con esta última publicación. @galiciamundiari