Korczak terá o seu espazo en Compostela

Janusz Korzac. /Youtube
Janusz Korzac. /Youtube
0 6 de agosto de 1942 os nazis deixaron baleiro o hospicio e levaron aos nenos ao campo de exterminio de Treblinka. Korczak acompañounos naquela derradeira viaxe e estivo con eles ata o final.
Korczak terá o seu espazo en Compostela

Hoxe cúmprense 80 anos do pasamento de Janusz Korczak, médico pediatra nado en 1878 no seo dunha familia xudea polaca. Dende 1912 dedicouse a coidar meniños orfos, sen familia ou desamparados. En 1940 foi obrigado polos nazis a trasladarse co persoal do orfanato e douscentos raparigos ao gueto de Varsovia. A resistencia xudea quixo axudalo clandestinamente para salvalo dunha morte segura. El só puxo unha condición: sacar primeiro aos rapaces. Mais non foi posible. 

0 6 de agosto de 1942 os nazis deixaron baleiro o hospicio e levaron aos nenos ao campo de exterminio de Treblinka. Korczak acompañounos naquela derradeira viaxe e estivo con eles ata o final. O Concello de Santiago aprobou hai uns días o nomeamento dun espazo público na súa memoria, convertendo a Compostela na primeira cidade en recoñecer a súa figura en España, que pasará así a formar parte do conxunto de países que homenaxearon a este home senlleiro. Parabéns pola iniciativa. @mundiario

Korczak terá o seu espazo en Compostela
Comentarios