José Pazos, gañador do concurso Xurxo Lobato de fotografía

A obra premiada. / Mundiario
A obra premiada. / Mundiario

O alumno coruñés foi premiado pola colección ‘Tempestade - Entretempo - Rexurdimento’, na que o xurado valorou a orixinalidade, a boa realización, a capacidade narrativa e o rescate da estética postmoderna dos oitenta.

José Pazos, gañador do concurso Xurxo Lobato de fotografía

A colección ‘Tempestade - Entretempo - Rexurdimento’, do alumno do IES de Monelos José Pazos Pérez, foi a gañadora da 14ª edición do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato, que hoxe celebra a súa entrega de galardóns no IES Monelos da Coruña.

O concurso, dirixido aos alumnos de educación secundaria de Galicia e que organiza a Asociación de Amigos do Instituto de Monelos, pretende favorecer a promoción de novos valores que ven na fotografía un xeito de creación. Dende o seu inicio en 2004, este certame vén ocupando un posto destacado entre os eventos que promocionan a fotografía entre a mocidade galega, do que é boa mostra a elevada participación. Na presente edición, concorreron a este concurso fotográfico un total de 450 traballos de 191 participantes, dos que un 52% foron artistas mulleres.

No traballo gañador de José Pazos Pérez, o xurado valorou “a orixinalidade, a boa realización, a capacidade narrativa e o rescate da estética postmoderna dos oitenta” da colección de fotografías ‘Tempestade - Entretempo - Rexurdimento’.

O segundo premio foi para Douglas Bolivar, do IES Alfonso X o Sabio (Cambre); e o terceiro para Paula Sanchoyerto Rodríguez, do IES Castro de Baronceli (Verín). Así mesmo, foi premiada cunha bolsa Paula Pita Varela, do IES Monelos (A Coruña).

O xurado outorgou tamén cinco accésits para Nee Barros Fernández, do IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra); Miguel Suarez Bouzo, do Colegio El Castro (Vigo); Lucía Trillo Costa, do IES Monelos (A Coruña); Catuxa Martínez Ordoñez, do IES Adormideras (A Coruña; e Brais Míguez Figueiras, do IES Monte da Vila (O Grove).

Tamén resultaron finalistas: Sergio Pérez González, CIFP Imaxe e Son (A Coruña); Raquel Rodríguez Pardo, EASD Mestre Mateo (Santiago); Lidia Quintela Rial, EASD Mestre Mateo (Santiago); Gloria Iglesias Grobas, CPI Xanceda Media (Mesía); Catuxa Martínez Ordoñez, IES Adormideras(A Coruña); Andrea Gacio García, IES Lucus Augusti (Lugo); Adela Pita Varela, IES Adormideras(A Coruña); Valeria Trillo  Rial, IES Zalaeta (A Coruña); Anxo Fernandez Rodriguez, IES Monelos (A Coruña); Mirko Vigna Palmioli, IES Adormideras(A Coruña); Andres Arnedo Fernandez, Centro EPA (Pontevedra); Alba Lata Rey, IES As Mariñas (Betanzos); Raquel Alvarez Prieto, IES Monelos (A Coruña); Alicia Castro Oroza, IES Arcebispo Xelmirez (Santiago); Jesus Figueroa Pena, IES Imaxe e Son (A Coruña); e Mar Calvo Gonzalez, IES As Mariñas (Betanzos).

O xurado do concurso estivo presidido por Xosé A. Fraga Vázquez, presidente da Asociación de Amigos do Instituto Monelos; sendo secretario Marcos Sánchez, e vogais os expertos de arte e fotografía Rosario Sarmiento, Xosé Díaz Arias de Castro e Xurxo Lobato. @mundiario

Comentarios