Incremento da cota para o atún branco, o bonito

Alicia Villauriz. / Mundiario
Alicia Villauriz. / Mundiario
​A Administración central ven de aplicar ó sector pesqueiro do caladoiro nacional Cantábrico Noroeste unha inxección de ánimo.
Incremento da cota para o atún branco, o bonito

A secretaria xeral de Pesca, Alicia Villauriz, deu azos en relación ás posibilidades de pesca para o ano 2021, no senso de que a reunión que esta semana celebrará a ICCAT confirme o incremento da cota para o atún branco (bonito) dada a contrastada boa situación biolóxica do stock, algo que o propio sector sector pesqueiro tiña confirmado.

​A Administración central ven de aplicar ó sector pesqueiro do caladoiro nacional Cantábrico Noroeste unha inxección de ánimo -carente como está de folgos para se manter en pleno vigor- que boa falta lle está a facer, sobre todo á vista das escasas expectativas ata o de agora creadas para o fututo inmediato. ​Para que isto se cumpra, as confrarías de pescadores  deberán empregar todas as posibilidades existentes para poderen acceder ós fondos comunitarios a través da creación de organizacións de produtores. Así o dixo a secretaria xeral de Pesca, a coruñesa Alicia Villauriz Iglesias, no decurso do VI Congreso de Pesca Artesanal do Cantábrico Noroeste, no que comprometeu para elo o apoio, como ata o de agora, da Administración central dado o importante labor económico e social que os pósitos desempeñan.

Os representantes das confrarías das comunidades do Cantábrico, co presidente da Federación Nacional de Cofradías de pescadores, Basillio Otero, ao fronte, amosaron ás distimntas administyracións impllicadas (Secretaría General de Pesca, Instituto Social de la Marina, Marina Mercante e comunidades autónomas) as conclusións da primeira xornada deste Congreso, celebrada o pasado 30 de outubro coa participación exclusiva do sector artesanal. 

A secretaria xeral de Pesca adiantou que vai revisar os termos do réxime sancionados da actual Lei 3/2002 de Pesca Marítima, para levar a cabo una maior racionalización normativa e establececer un sistema proporcional de sancións. Dáse como mjoi probable que esta modificación facillite un maior aproveitamento destes fondos, pero dentro do obxectivo último de garantir o exercicio dunha pesca sustentable a longo prazo. España, amáis, da pulo nos fondos de negociación do futuro Fondo Europeo Marítimo da Pesca e Acuicultura (FEMPA) que se permita manter as axudas ao almacenamento, unha vez demostrada a súa utilidade para afrontar situacións de carácter extraordinario como a vivida este ano pola pandemia de coronavirus. @mundiario

Comentarios