As incerterzas sobre Next Generation EU condicionan o crecemento en Galicia

Santiago Lago y Fernando González Laxe. / Mundiario
Santiago Lago y Fernando González Laxe. / Mundiario
O Foro Económico prevé que a economía galega medre entre un 4,8% e un 8,8% no 2021. De haber un novo confinamento como o de marzo-abril de 2020, advirte de que a economía podería caer un 1,5% no conxunto de 2021.
As incerterzas sobre Next Generation EU condicionan o crecemento en Galicia

Os escenarios prospectivos do Foro Económico de Galicia para o ano 2021 contemplan para esta comunidade autónoma dúas posibles evolucións dependendo fundamentalmente da evolución sanitaria da pandemia, da velocidade e eficacia do proceso de vacinación e, de aí, da normalización da vida económica. A evolución máis optimista suporía un crecemento do +8,8% do PIB; e a pesimista un aumento do PIB no redor do +4,8%. Pola contra, no caso de que fora preciso realizar un novo confinamento semellante ao dos meses de marzo e abril de 2020, sofriría unha caída do -1,5% do conxunto do ano.

Os autores deste traballo de previsións, os economistas Fernando González Laxe, Santiago Lago Peñas, José́ Francisco Armesto Pina,  José́ María Da Rocha Álvarez  e Patricio Sánchez Fernández, salientan que nas cifras anteriores non aparece recollido o impacto positivo dos fondos Next Generation EU polas incertezas que existen ainda sobre os proxectos tractores que serán apoiados e a súa ubicación xeográfica, e tamén pola celeridade na execución. Deste xeito, supoñendo que o impacto en Galicia sexa homoxéneo respecto ao que o Banco de España ten cuantificado para a economía española, as cifras anteriores elevarianse, respectivamente, ata un +10,1% e un +5,4%.

O escenario máis optimista (nomeado Covid A +8,8%) está baseado no cumprimento das seguintes condicións: restriccións leves ou moderadas durante o primeiro e segundo trimestres de 2021 e pouco relevantes durante o resto dos trimestres do ano. Neste escenario suponse que a campaña de vacinación remataría durante o verán e, polo tanto, a productividade da economía recuperariase plenamente a partir do terceiro trimestre do 2021.

O escenario Covid-B +4,8% daríase no caso de que o impacto das restriccións fose medio-alto nos dous primeiros trimestres e que se mantivese parcialmente durante o verán.

No informe Previsións de Crecemento do PIB os autores dividen o traballo en dúas partes diferenciadas: a primeira, centrada nos resultados do acontecido en 2020; e a segunda, na que os autores do informe presentan as diversas previsións -das dispoñibles para 2021- e realizan a súa propia análise de prospectiva de posibles escenarios.

Next Generation EU 

Xa que logo, os escenarios debullados non contemplan o efecto positivo xerado polos fondos NextGenerationEU, por dous motivos. Primeiro, pola incerte­za encol da parte dos mesmos que se vaia executar finalmente en 2021. Segundo, pola incerteza no que atinxe á parte dos mesmos que terá impacto territorial direc­to en Galicia. Sen coñecer que proxectos tractores y cando serán apoiados é difícil cuantificar o seu efecto.

Tomando como referencia os cálculos do Banco de España para o conxunto da economía española e supoñendo que o impacto na taxa de variación do PIB de Galicia estea na media para o conxunto de España, as taxas sinaladas nos dous escenarios poderían aumentar entre 0.6 e 1.3 puntos porcentuais dependiendo de que a execución dos fondos acumule ratrasos ou sexa rápida.

O Foro Económico de Galicia é unha plataforma de transferencia de coñecemento das universidades e empresas galegas á sociedade. Está integrada por profesores das tres universidades galegas, empresarios e directivos de referencia e xornalistas especializados en divulgación económica. Un total de máis de 60 persoas referentes para a análise e confección de propostas para a economía galega. @mundiario

Comentarios