As historias que os vellos contaban aos netos

Manifestación a favor do galego.
Manifestación a favor do galego.
Hoxendía, a norma máis importante da nosa lingua é falala: o descrédito cara ao galegofalante abre unha fenda de xenofobia.
As historias que os vellos contaban aos netos

O diálogo é coñecemento, e o idioma riqueza, dado que cada falante expresa o seu carácter nun idiolecto, de xeito que a cultura vai estando activa no noso día a día.

Así, se o idioma é parte da personalidade, o refraneiro, as cancións populares e os contos (moi numerosos) asocian vellas historias ás nosas emocións, coma se a cultura anterga nos acollera na incertidume da vida.

A alfabetización, historicamente, é moi recente, aínda que a meirande parte da poboación apenas le en galego... De xeito que a tradición oral segue a ser chave na supervivencia do galego, mais un idioma ameazado non pode estar tranquilo: velaí o enfrontamento- no ámbito oficial- dos casteláns contra os galegos, os cales son forzados a expresarse cáseque clandestinamente.

Mais clandestino foi o sacerdote Prisciliano coa súa libertaria liturxia, e orgullosos do noso os galegos. Se a fala conservouse, a pesares das ameazas, foi grazas á creatividade, musicalidade e éxito da cultura popular.

Aínda que a literatura, xa desde o medievo, é a saúde da nación, a tradición oral é un patrimonio que non se pode perder, xa que é unha expresión intemporal da idiosincrasia galega.

Quizáis, no futuro, poidamos enganar ao imperio da informática co galego, lingua vulgar e segreda... @mundiario



  

Comentarios