Hai cinismo político na elección de Feijóo do cadro de Castelao?

Feijóo, durante su discurso de Fin de Año ante el cuadro 'A derradeira leición do mestre'.
Feijóo, durante su discurso de Fin de Año ante el cuadro 'A derradeira leición do mestre'.

A mensaxe adoptou como marco o cadro A derradeira leición do mestre, de Castelao. O Presidente chegou usar a mensaxe da pintura para xustificar a súa andrómena

Hai cinismo político na elección de Feijóo do cadro de Castelao?

O Presidente da Xunta é campión mundial nas competicións depolíticas dependentistas e de lle facer oposición á oposición. Agora ben, coa súa Mensaxe da Fin do Ano, na que pediu implícitamente o 155 para Catalunya coa obra de Castelao A derradeira leición do mestre ás súas custa,,ultrapasou calquera liña vermella, instalándose por dereito propio na historia da postverdade manipulativa.

Na recente mensaxe da Fin do Ano, Núñez Feijóo defendeu implícitamente a supresión indefinida da autonomía catalá que defenden PP, Cs e Vox, negando ademáis que en Catalunya exista conflito ningún. A mensaxe adoptou como marco o cadro A derradeira leición do mestre, de Castelao. O Presidente chegou usar a mensaxe da pintura para xustificar a súa andrómena, porque disque Castelao xa nos avisou das probàbeis resultas das agresións á convivencia.

Teño para mín que ésta é unha das interpretacións postverdade máis desaqueladas deste século. Porque Afonso R. Castelao e Alexandre Bóveda (de quen  Castelao adopta a fasquía facial que pinta no mestre asesinado) eran uns grandes artista e economista, si, mais por riba de todo foron os líderes políticos do Partido Galeguista que foi quen de acadar o primeiro Estatuto de Auonomía de Galicia (1936)  como concreción intermedia e temporal do dereito a decidir de Galicia que defendían, o mesmo ca o dereito a decidir da Catalunya.

Xustificar a supresión da autogoberno catalán diante do cadro de Castelao é, xa que logo, un  exercicio de cinismo político. Para xustificar a mensaxe deitada puido escoller o Presidente unha foto de Aznar ou Carrero Blanco, mais non unha pintura de 1944 baseada nun debuxo de 1937 creado para denunciar internacionalmente a represión franquista sobre Galicia, onde matou milleiros nun país que non coñecera guerra civil ningunha, senón só violencia da parte dos que mataron ao mestre pintado polo patriota rianxeiro.

Para máis, dende a perspectiva dunha mensaxe da fin do ano do Presidente dun país, Núñez Feijóo calou sobre os principais problemas do País. Nada falou da sanidade canda o colapso das urxencias da capital compostelá e da asistencia primaria da área sanitaria de Vigo. Nada falou da colonial imposición que sofrimos os galegos pagando os carburantes e a enerxía eléctrica máis caros do estado, cando somos quen refinamos o crú e producimos a electricidade. Nin tampouco da penalización da meirande suba da peaxe do estado español na AP-9 (3,51%), vía sen alternativa de balde que da servizo ao 70% da poboación deste país. Xa nin falamos da minguante evolución da demografía e da poboación activa, que amosa o fracaso económico do dependentismo feijoniano.

O Presidente tenta agachar a súa ineficacia cun discurso anticatalá. Unha xustificación cativa para o fracaso da súa política dependentista. @mundiario

Comentarios