Os gastos ambientais non chegan ao 3% do importe dos servizos públicos básicos

O Consello de Contas a finais do 2019 daba a coñecer un informe de fiscalización sobre as actuación en materia medioambiental en 55 concellos de máis de 10.000 habitantes que representan o 69,8% da poboación galega. Esta auditoría sobre xestión e cumprimento da legalidade analiza as actuacións dos concellos en materia de defensa e protección ambiental e de equilibrio ecolóxico e fai unha análise da aprobación de normativa e aplicación de medidas en contaminación atmosférica, luminosa e acústica e recollida selectiva de residuos sólidos urbáns. O informe constata o seguinte:
1. Falta de interese e colaboración dos concellos. O Consello de Contas cita que para a realización do Informe tivo atrasos e obstáculos por parte dos concellos, necesitando varios requirimentos para que finalmente case todos atenderan a petición de documentación (menos Sada e Vilanova de Arousa). Constata que dos 55 concellos, 33 (60%), dispoñen de departamentos específicos con competencia en materia de medio ambiente, pero 9 concellos non están dotados de persoal especialista na materia, mesmo afirma que ter un departamento de medio ambiente non é suficiente garantía dunha boa xestión medioambiental, moitas veces non é máis que unha declaración de boas intencións.
2. Nas conclusións do informe destaca:
a) Escasa asunción de compromisos medioambientais. Dos 55 concellos analizados, 20 non dispoñen dunha unidade específica dedicada a xestión desta materia. Practicamente non existe regulación municipal nin se realizan controis da calidade do aire, da contaminación luminosa ou acústica. Carencia de normativa reguladora propia desenvolta en Ordenanzas locais. O control medioambiental foi moi limitado.
b) Mínima preocupación e inversión. Os gastos en medio ambiente tiveron moi pouca relevancia xa que non chegaron ao 3% do importe total dos servizos públicos básicos. O Informe reflicte ademais que é moi escasa a labor dos concellos cara a la concienciación ambiental dos cidadáns.
c) Con relación a contaminación afírmase:
- Ningún concello dispón de plans ou programas para o cumprimento e mellora de obxectivos de calidade del aire. En medicións e avaliacións da calidade do aire, só A Coruña e Pontevedra a levaron a cabo. Os concellos de Pontevedra e Vigo foron os únicos que realizaron actuacións de control e inspección en materia de contaminación atmosférica e tramitaron expedientes por denuncia. O concello da Coruña é o único que ten un protocolo de actuación no caso de superar os obxectivos de calidade atmosférica. Vigo é o único que ten unha ordenanza específica respecto da contaminación atmosférica (aínda que non está adaptada a la Lei 34/2007) e son moi poucos os concellos que teñen adaptado o Plan Urbanístico a mencionada Lei.
- Ningún concello realizou una zonificación luminosa do seu territorio, nin se declarou ningunha zona como de especial protección. Pontevedra, Vigo e Vilagarcía son os únicos que observan os requisitos de mantemento dos niveis de eficiencia enerxética na iluminación exterior. Teñen estacións de medición acústica so Coruña e Pontevedra. Unicamente Vigo declarou zoas de especial protección acústica. So o Concello de Pontevedra levou a cabo algún tipo de actuación para a mellora da calidade acústica nas instalacións municipais.
- Con relación aos residuos solídos urbans, os concellos incumpren coa obrigación de elaborar e publicar un Informe anual sobre a situación da produción e xestión destes residuos.
En definitiva, no informe queda claro o baixo interese ambiental dos concellos, o desinterese, o incumprimento legal, mesmo a falta de xestión transparente e democrática. Pódese gobernar hoxe un concello con baixa preparación e nula preocupación ambiental?. Acaso ninguén supervisa, obriga ou sanciona aos concellos? A Xunta de Galicia que ten que dicir?.
Parabéns a Contas por este informe tan necesario. @mundiario