Buscar

Os gastos ambientais non chegan ao 3% do importe dos servizos públicos básicos

Demoledor informe do Consello de Contas de Galicia sobre a xestión dos concellos galegos en materia de medio ambiente. Queda claro o baixo interese ambiental dos concellos, o desinterese, o incumprimento legal, e mesmo a falta de xestión transparente e democrática.
Os gastos ambientais non chegan ao 3% do importe dos servizos públicos básicos
Instalaciones de Sogama, en Cerceda (A Coruña).
Instalaciones de Sogama, en Cerceda (A Coruña).

O  Consello de Contas a finais do 2019  daba a coñecer  un informe de fiscalización sobre as actuación en materia medioambiental en  55 concellos de máis de 10.000 habitantes que representan o 69,8% da poboación galega. Esta auditoría  sobre xestión e  cumprimento da legalidade analiza as actuacións dos concellos en materia  de defensa e protección  ambiental  e de equilibrio ecolóxico e fai unha análise da aprobación de normativa e aplicación  de medidas en contaminación atmosférica, luminosa e acústica e  recollida selectiva de residuos sólidos urbáns. O informe constata o seguinte:

1. Falta de interese e colaboración dos concellos. O Consello de Contas cita que para a realización do Informe  tivo atrasos e obstáculos por parte dos concellos, necesitando varios requirimentos   para que finalmente case todos  atenderan a petición  de documentación (menos Sada e Vilanova de Arousa). Constata que dos 55 concellos, 33 (60%), dispoñen de departamentos específicos con competencia en materia de medio ambiente, pero 9 concellos non están dotados de persoal especialista na materia, mesmo afirma que ter  un departamento de medio ambiente non é suficiente garantía dunha boa xestión medioambiental, moitas veces non é máis que unha declaración de boas intencións.

2. Nas conclusións do informe destaca:

a) Escasa asunción de compromisos medioambientais. Dos 55 concellos analizados, 20 non dispoñen dunha unidade específica dedicada a xestión desta materia. Practicamente non existe regulación municipal nin se realizan controis da calidade do aire, da contaminación luminosa ou acústica.  Carencia de normativa reguladora propia desenvolta en Ordenanzas locais. O control medioambiental foi moi limitado.

b) Mínima preocupación e inversión. Os gastos en medio ambiente tiveron moi pouca relevancia xa que non chegaron ao 3% do importe total dos servizos públicos básicos. O Informe reflicte  ademais que é moi escasa a labor dos concellos cara a la concienciación ambiental dos cidadáns.

c) Con relación a contaminación afírmase:

- Ningún concello dispón de plans ou programas para o cumprimento e mellora de obxectivos de calidade del aire.  En medicións e avaliacións da calidade do aire, só A Coruña e Pontevedra a levaron a cabo. Os concellos de Pontevedra e Vigo foron os únicos que realizaron actuacións de control e inspección en materia de contaminación atmosférica  e tramitaron expedientes por denuncia. O concello da Coruña é o único que ten un protocolo de actuación no caso de superar os obxectivos de calidade atmosférica.  Vigo é o único que ten unha ordenanza específica respecto da contaminación atmosférica (aínda que non está adaptada a la Lei 34/2007) e son moi poucos os concellos que teñen adaptado o Plan Urbanístico a mencionada Lei. 

- Ningún concello realizou una zonificación luminosa do seu territorio, nin se declarou ningunha zona como de especial protección.  Pontevedra, Vigo e Vilagarcía son os únicos que observan os requisitos de mantemento dos niveis de eficiencia enerxética na iluminación exterior. Teñen estacións de medición acústica so Coruña e Pontevedra. Unicamente Vigo  declarou zoas de especial protección acústica. So o Concello de Pontevedra levou a cabo algún tipo de actuación para a mellora da calidade acústica nas instalacións municipais.

- Con relación aos residuos solídos urbans, os concellos incumpren coa  obrigación de elaborar e publicar un Informe anual sobre a situación da produción e xestión destes residuos.

En definitiva, no informe queda claro o baixo interese ambiental dos concellos, o desinterese, o incumprimento legal, mesmo a falta de xestión transparente e democrática. Pódese gobernar hoxe un concello con baixa preparación  e  nula  preocupación ambiental?. Acaso ninguén supervisa, obriga ou sanciona aos concellos?  A Xunta de Galicia que ten que dicir?.

Parabéns a Contas por este informe tan necesario. @mundiario