Galicia ten a gran oportunidade de aproveitar os multillonarios fondos Next Generation EU

Alberto Núñez Feijóo. / TVE
Alberto Núñez Feijóo. / TVE

Semella que nin Pedro  Sánchez, nin Pablo Iglesias, nin Núñez Feijóo se están a decatar da oportunidade que podemos perder. O Goberno do Estado só ofrece xestión centralizada e escurantista. Pola súa banda, a Xunta tamén peca de falla de dirección estratéxica.

Galicia ten a gran oportunidade de aproveitar os multillonarios fondos Next Generation EU

Os fondos Next Generation EU constitúen unha oportunidade única para a reconstrución do tecido produtivo galego e mesmo para xerar algúns proxectos tractores que podian dinamizar e mellorar o modelo produtivo. Mais, polo de agora, o Goberno do Estado só ofrece xestión centralizada e escurantista. A Xunta tamén peca de escurantismo e semella que tamén de falla de dirección estratéxica. Cómpre reaxir.

Hai poucos días, a Comisión Europea  consensuou co Parlamento Europeo un programa de axudas fronte aos efectos económicos da Covid-19. 1,824 B€, algo máis da metade en axudas directas e o resto en préstamos. Galicia, no contexto da UE,  anda a rentes dun 0,6% da súa poboación. Velaí que haberíamos recibir entre 7,5 e 9 milleiros de M€. Unha enxurrada de cartos produtivos, se atendemos  que o teito do gasto público galego será, no 2021, de 11.664 M€ e case o 80% destinaranse a compromisos de gasto corrente. Os fondos europeos Next Generation haberían achegar máis dun 350% de recursos  adicionais a respecto dos investimentos deste vindeiro exercicio 2021.  o mellor en investimentos reais de todos os de Feijóo (mais peor ca o 2007 ou 2008, co goberno BNG-PSdeG).

Diante deste feito histórico, nin o Goberno do Estado nin o Goberno galego teñen clara a estratexia para definir os proxectos que haberían investir estes recursos para modificar suibstancialmente un modelo produtivo  dependente de máis  do turismo, construcción e hostalería. No caso do Goberno central, Pedro@Pablo, líderes do PSOE e Unidas Podemos, definiron un ferreño sistema centralizado onde o Consello de Ministr@s fixará as prioridades e  os proxectos a peneirar e escoller, ao abeiro dun réxime de absoluta escuridade e falla total de transparencia. Ningúen sabe que criterios se teñen en conta para seleccionar os proxectos gañadores para optaren a estes investimentos.

E a Xunta de Galicia teima nesa falla de transparencia e, alén diso,  fracasa porque  i) non define unha estratexia a respecto de reclamar para este país o mínimo que lle compre por poboación e PIB (7,5-10 mil M€) ii) mantén  unha total escuridade sobre as regras para admitir proxectos e iii) prioriza proxectos pouco tractores, como o reseso proxecto de tratamento de puríns que publicitan seguido e iv) presenta unha total incapacidade para constituir o cerebro director da máis grande oportunidade que tivo Galicia desque é autónoma para mellorar o seu modelo produtivo.

Galicia ten un potente subsector consultor tecnolóxico (Plexus, Altia, Coremain) que habería axudar definir os nosos obxectivos estratéxicos cara estes fondos Next Generation EU. E  sectores onde contamos con avantaxes comparativas e onde estes recursos poden alargar esta avantaxe. Os proxectos de transfomación da madeira (para evoluir un sector forestal centrado na produción e venda de madeira de eucalipto barata), transformación dos productos gandeiros nun grande grupo lácteo, proxectos tractores na industria agroalimentaria, compoñentes e tecnoloxía para a xeración das distintas enerxías renovábeis (eólica, maremotriz, solar…) ou  tratamento do lixo poden ser algúns que implementen no noso tecido empresarial os xérmolos precisos para unha substancial remuda do noso sistema produtivo de aquí a doce ou quince anos.

Semella que nin Pedro  Sánchez, nin Pablo Iglesias, nin Núñez Feijóo se están a decatar da oportunidade que podemos perder. @mundiario

             

Comentarios