Galicia perde posición en competitividade, segundo alerta o Foro Económico

Fernando González Laxe. / Mundiario
Fernando González Laxe. / Mundiario

Mellora a ocupación e baixa o desemprego, pero persiste unha desigualdade significativa entre homes e mulleres.

Galicia perde posición en competitividade, segundo alerta o Foro Económico

Galicia perde posición en competitividade, segundo alerta o Foro Económico de Galicia no seu Informe de Coxuntura, cuxa presentación estreou o salón de actos da sede de Zona Franca en Areal.

Os resultados que amosa a análise que o equipo de expertos do Foro (Fernando González Laxe, Patricio Sánchez, Santiago Lago e José Francisco Armesto) fan cada trimestre debuxa un escenario de consolidación da reactivación económica ao presentar unha medra do 3,2%, o que supón cinco décimas máis que a media española. Un dinamismo menos intenso que o do conxunto da UE-27 (3,9%). O PIB galego  atópase 3,5 puntos por baixo do nivel precrise, claramente mellor que a media española, que está a 6,6 puntos.

O informe sinala canto a demanda interna, o gasto en consumo final tanto público como privado presenta taxas de crecemento positivas superiores á media estatal, ao contrario do que sucede no investimento, que amosa unha contracción do 3,3% en Galicia fronte ao incremento do 1,3% en España.

Dende o punto de vista da oferta, a reactivación económica en Galicia no terceiro trimestre rexistrase tan só no sector servizos, o que contrasta co que sucede na media de España, onde a industria manufactureira medra un 1,2% ,mentres en Galicia descende un 0,5%.

As maiores caídas neste terceiro trimestre concéntranse, tanto en Galicia como en España, nos sectores da construción, as actividades artísticas, recreativas e profesionais. En relación aos niveis pre-pandemia, tanto en Galicia como en España os sectores de administración pública, sanidade e educación, actividades financeiras e de seguros presentan valores superiores.

Asignatura pendente segue a ser a produtividade do tecido produtivo galego, que continúa a ser inferior á media española

Asignatura pendente segue a ser a produtividade do tecido produtivo galego, que continúa a ser inferior á media española, se ben redúcese o diferencial ao longo do período analizado. O informe insiste na baixa produtividade do sector manufactureiro en relación ao conxunto do Estado: o 71,9% no último trimestre fronte ao 78,2% antes da crise iniciada no 2019.

O mercado laboral presenta un bo comportamento atendendo á evolución das taxas de actividade, ocupación e desemprego. Salienta o descenso do paro de longa duración nun 4,1%.

Tanto a poboación ocupada (medra un 2,8% respecto ao 2020) como as afiliacións (2,6%) acadan neste trimestre o nivel pre-crise. Pero malia esta mellora da ocupación é preciso matizar que Galicia se mantén entre as comunidades autónomas con menores taxas de actividade e ocupación, (a quinta con menor taxa). Asemade este dinamismo non foi homoxéneo tendo en conta que a mellora concentrase no sector servizos. Todas as ramas agás a hostalería presentan unha mellora da ocupación, mentres que na industria manufactureira tan só a alimentaria aumenta a súa ocupación con respecto ao ano anterior.

Segundo os datos da EPA, medra o emprego por conta allea e por conta propia. Neste sentido Galicia rexistra unha medra tanto dos empresarios con asalariados, como dos que non os teñen, mentres que no conxunto do Estado descenden o número de empresarios que non teñen asalariados.

Por contra, a calidade do emprego non mellora ca mesma intensidade, dado o incremento da ocupación a tempo parcial e o crecemento dos asalariados con contrato temporal. Neste punto é necesario salientar a elevada desigualdade entre homes e mulleres, atendendo ao peso relativo do emprego feminino a tempo parcial: case a cuarta parte das mulleres teñen un emprego a tempo parcial, fronte ao 6,2% no caso dos homes.

Por outra banda, no concernente ao desemprego, os menores de 25 anos, estranxeiros e persoas con estudos primarios seguen a ser os colectivos máis afectados polo paro. Os autores indican que a pesares de que o impacto da Covid na actividade produtiva en Galicia no 2020 foi menos intenso que no conxunto das comunidades autónomas, o índice de competitividade rexional indica que tan so Galicia e a Comunidade Valenciana presentan unha perda da posición relativa (noveno posto en 2020) e se manteñen entre as autonomías cun nivel de competitividade medio-baixo. @mundiario

María Cadaval, Xosé Carlos Arias, Fernando Pérez González e Domingo Docampo. / Mundiario

María Cadaval, Xosé Carlos Arias, Fernando Pérez González e Domingo Docampo. / Mundiario

Galicia debe estar en posicións relevantes nas TIC

Expertos do Foro Económico de Galicia consideran que Galicia debe estar en posicións relevantes nas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e non conformarse con ser integradores, xa que conta con vimbios para reducir a fenda tecnolóxica. Xa que logo, o equipo Galicia 2040, unha unidade de traballo investigador do Foro Económico de Galicia, pon deberes á Administración, empresas e universidades para a xestión dos fondos Next Generation EU.

Os autores do estudo presentado en AbancaFernando Pérez GonzálezDomingo DocampoXosé Carlos AriasMaría Cadaval José Francisco Armesto, aseguran que a comunidade galega dispon dunha industria TIC forte é un dos mellores activos cos que un país pode contar para garantir o seu futuro. Galicia –aseguran– debe aspirar a figurar en posicións relevantes da cadea de valor TIC global e non conformarse con ser simplemente os que integran  ou personalizan a tecnoloxía creada por outros.

Grupo Galicia 2040 está formado por analistas e investigadores co obxectivo de trasladar á sociedade posibles escenarios de futuro nos cinco eixos fundamentáis de cambio: a dixitalización, os procesos de urbanización, a demografía, os retos medioambientais e o contexto xeoestratéxico.

Foro Económico de Galicia é unha plataforma de transferencia de coñecemento das universidades e empresas galegas á sociedade. Está integrada por profesores das tres universidades galegas, empresarios e directivos de referencia e xornalistas especializados en divulgación económica. Un total de máis de 60 persoas referentes para a análise e confección de propostas para a economía galega. @mundiario

Comentarios