Galicia non aparece entre as zonas de pesca protexidas existentes en España

Ría de Cedeira. / Pinterest
Ría de Cedeira. / Pinterest
Once reservas mariñas é o panel expositivo que arestora pode ofrecer España. A Comunidade Autónoma de Galicia, a máis importante en materia pesqueira non só de España senon tamén da Unión Europea, nen siquera pode aportar a que foi iniciativa propia: Lira-Os Miñarzos-Cedeira.
Galicia non aparece entre as zonas de pesca protexidas existentes en España

​Para o Ministerio de Agricultura son once as zonas de pesca protexidas existentes en España. Ningunha delas en Galicia. E aquí, nesta Comunidade Autónoma, ninguén se queixa. Caladiños coma petos tanto os que deron pulo no seu momento -tempos do bipartido no goberno galego- á criación da reserva mariña de Lira, como aqueles que máis se xogaron con esa posta en marcha. Total, a reserva mariña de Lira non chegou a ter importancia para a Xunta do PP (posterior ó bipartido PSdG-BNG) nen tampouco) mais tampouco para armadores e tripulantes das embarcacións teóricamente beneficiadas polo control que os vixiantes da confraría local e os membros do Servizo de Gardacostas da Xunta moitos deles convencidos de que esa reserva mariña era prexudicial para os seus intereses económicos.

A de Lira, coa dos Miñarzos, foi un primeiro paso para constituir, primeiro no Atlántico coruñés (Costa da Morte) e posteriormente no Cantábrico galego (ata as proximidades de Burela), a primeira gran reserva mariña de Galicia que, por desleixo da Xunta e a falta de interese do sector pesqueiro galego non chegou a coallar cando, en realidade, Galicia tivo a súa grandísima oportunidade de crear unha especie de santuario de especies pesqueiras do interese desta Comunidade e dos seus pescadores, chegando á autoxestión duns recursos que agora podemos comprobar cómo nin a Secretaría General de Pesca nin a Comisión Europea son quen de rexer de tal xeito que, podendo pescar aquilo que verdadeiramente permite o caladoiro (reserva mariña) tamén somos quen de conservar pola práctica dunha pesca absolutamente sustentable.

Implicadas no proxecto distintas entidades públicas e privadas, a reserva mariña de Galicia iniciada en Lira, continuada en Cedeira, proxectada na Costa da Morte e Burela tiña como valedores a xente do mar, profesionais da pesca, universidades, biólogos, técnicos pesqueiros, etc., que non poideron ou non souberon involucrar no plan a un goberno autónomo que moito falou e ben pouco fixo por facer realidade un proxecto que si entenderon no Mediterráneo e Canarias onde o turismo e o sector pesqueiro saben tirar proveito desas reservas mariñas que aquí tiñamos a un só paso e que non quixemos por falta absoluta de visión de futuro, comezando pola Xunta que non quixo apoiar económicamente o servizo de control e vixilancia desas reservas, e parte do propio sector pesqueiro, sempre miope para todo o que signficase visión de futuro se por diante non viñan aportacións en euros a algo que só funciona para el se dende un principio existe rendemento económico.

Once reservas mariñas  entre o Mediterráneo español e as illas Canarias é o panel expositivo que arestora pode ofrecer España. A Comunidade Autónoma de Galicia, a máis importante en materia pesqueira non só de España senon tamén da Unión Europea, nen siquera pode aportar a que foi iniciativa propia: Lira-Os Miñarzos-Cedeira. Pregúntome se hai intereses verdadeiros por sacar avante o sector pesqueiro galego tanto por parte da Xunta como pola das confrarías e organizacións pesqueiras. Porque verdadeiramente da a impresión de que todo o que signifique innovar leva gravado o carimbo de "prohibido".

Alguén terá que dar contas un día de como un camiño que estaba feito para ben da pesca galega, nen siquera se tivo en conta nos plans de pesca dun país chamado Galicia que semella encher a boca dos que a el se refiren pero que dempois non son quen de desenvolver para o ben de todos. E será, logo, que falla o ben persoal? @mundiario

Comentarios