Galicia empeora resultados en exportacións no derradeiro trimestre de 2022

As exportacións galegas de mercadorías rexistraron, no cuarto trimestre do ano, unha taxa de crecemento interanual negativa do 5,95%, en claro contraste coa media española, onde as exportacións creceron un 18,34 %. Esta é a primeira conclusión do Barómetro Exportador de Galicia, o informe elaborado polos profesores da Universidade de A Coruña, Isabel Novo e José Manuel Sanchez, e que mide trimestralmente a capacidade exportadora da economía galega.
Este peor comportamiento das exportacións galegas con respecto a España, ten como consecuencia unha redución do peso das primeiras no total español, que pasa dun 8,1 % no terceiro trimestre ao 7,6 % no último. Para o conxunto do 2022, o comportamento das exportacións en Galicia foi favorable, rexistrando un incremento o 18,3 % con respecto a 2021.
Os expertos salientan que no cuarto trimestre de 2022 os dous sectores con maior peso no conxunto das exportacións galegas presentan taxas de variación interanual negativas. O sector da automoción cae un 5,3 % mentres que o téxtil e aínda máis elevado (25,4 %).
Polo que respecta aos sectores que máis medran destacan os casos da madeira e derivados (33,8 %), de bens de equipo cun aumento do 31,8 % e o de produtos minerais (que inclúe os combustibles) cun crecemento do 15,4 %.
Os economistas do Foro Económico de Galicia, Isabel Novo e José Manuel Sánchez, salientan que, en calquera caso, o balance do comportamento das exportacións galegas no conxunto de 2022 é favorable, tendo en conta un contexto global marcado pola incerteza e pola desaceleración do crecemento da actividade económica a nivel global.
A nivel territorial a única provincia cunha taxa de crecemento interanual negativa foi A Coruña. Noutro extremo situaríase a provincia de Lugo cun crecemento interanual do 21,4%, mesmo superior ao crecemento medio das exportacións en España.
En canto ao destino das exportacións, os responsables do BAEXGA indican que o 74% das mercadorías tiveron como destino países da Unión Europea, de maneira particular cara á Portugal e Países Baixos.
O informe tamén constata no cuarto trimestre do 2022 un aumento de empresas exportadoras de productos con alto contido tecnolóxico, cun incremento do 3,6% con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior, un dato que contrasta coa caída que rexistra España, nesta mesma variable (un -5,4%)
O Foro Económico de Galicia é unha plataforma de transferencia de coñecemento das universidades e empresas galegas á sociedade. Está integrada por profesores das tres universidades galegas, empresarios e directivos de referencia e xornalistas especializados en divulgación económica. Un total de máis de 60 persoas referentes para a análise e confección de propostas para a economía galega. @mundiario