Galicia, á cabeza do aumento da concentración bancaria de España

Asistentes ao Foro Económico de Galicia de 2018. / Mundiario
Asistentes ao Foro Económico de Galicia de 2018. / Mundiario

O caso debateuse no Foro Económico de Galicia, unha plataforma de transferencia de coñecemento en materia económica dende as empresas e universidades galegas á sociedade e aos espazos de decisión pública.

Galicia, á cabeza do aumento da concentración bancaria de España

A absorción do Banco Pastor deixou a Galicia co maior aumento da concentración bancaria de España, segundo se puxo de manifesto no Foro Económico de Galicia. As catro provincias superan agora o limiar de risco e o incremento foi máis forte na provincia da Coruña, en cuxa capital estaba a sede central do Banco Pastor, diluido agora no Banco Santander tras ser absorbido previamente polo Banco Popular.

A Illa de A Toxa (O Grove) acolleu a IX Reunión Anual do Foro Económico de Galicia. Nesta edición, os invitados á reunión, entre os que se atoparon empresarios, académicos e xornalistas económicos, debateron sobre catro temas clave para Galicia, como son as relacións ferro-portuarias e as plataformas loxísticas de Galicia ante os desafíos do Corredor Atlántico, a reforma do financiamento autonómico e a mencionada reestruturación do sector bancario.

O Foro Económico de Galicia é unha plataforma de transferencia de coñecemento en materia económica dende as empresas e universidades galegas á sociedade e aos espazos de decisión pública. A súa fórmula xurídica é a dunha asociación sen ánimo de lucro.

O Foro naceu en 2010 e integra a profesores e investigadores, empresarios e directivos representativos dos diferentes sectores e áreas de Galicia, e xornalistas galegos de referencia. As actividades e publicacións do Foro poden seguirse a través de Twitter e Facebook. @mundiario

Comentarios