Buscar

Galicia, á cabeza no Estado por emisión de tres contaminantes

Trátase do dióxido de xofre, flúor e partículas. En Galicia despois da posta en marcha das térmicas déronse problemas serios de “choiva ácida”  especialmente no norte de Lugo e na provincia da Coruña.

Galicia, á cabeza no Estado por emisión de tres contaminantes
Refinería da Coruña, literalmente adosada á cidade.
Refinería da Coruña, literalmente adosada á cidade.

Firma

Ramón Varela Díaz

Ramón Varela Díaz

Catedrático de Biología y Geología y doctor en Biología. Fue presidente de la asociación ecologista Adega.

Os últimos datos do Rexistro Estatal de Emisións Contaminantes (PRTR) relativos ao ano 2016 e publicados a finais do ano pasado das industrias  e complexos que teñen a obrigación de declarar por emisións ao superar un umbral mínimo marcado por Bruxelas, permítennos dicir que  Galicia é o primeiro emisor no Estado por Dióxido de xofre (SO2) co 18,61%, Flúor co 32,45% e Partículas (PM10) co 35,85% . Vexamos:

a) Dióxido de xofre. En Galicia emítense no sector industrial que ten a obrigación de declarar no PRTR, 28.947 toneladas/ano, estando a cabeza por emisións as Centrais Térmicas de As Pontes (10.000 t/ano) e  Meirama (5.140 t/ano) seguidas da Refinería de Repsol de A Coruña ( 3.190 t/ano), Aluminio Español no norte de Lugo (2.770 t/ano), Alcoa de A Coruña e outras  con menor cuantia. Como se observa só as centrais térmicas son responsables de mais da metade de todas as emisións .  Sorpende que a Central Térmica de As Pontes emite máis dióxido de xofre que todas as industrias do PRTR do Pais Vasco e o doble de todas as industrias  que figuran no rexisto  de Cataluña.

O Dióxido de xofre  ten efectos problemáticos no medio ambiente e na saúde humana : aumentan a corrosión dos materiais, reducen o crecemento en plantas, producen acidificación no solo e cursos de auga, prexudican aos microorganismos do solo, causan irritación nos ollos e sistema respiratorio, trastornos olfactivos ... e dependendo da concentración e da exposición crónica ou puntual pode traer outros problemas : tos, opresión torácica, secuelas bronquiais...

En Galicia despois da posta en marcha das térmicas déronse problemas serios de “choiva ácida”  especialmente no norte de Lugo e na provincia da Coruña similares aos de centro Europa (moito mais industrializada) , as altisimas emisións de dióxido de xofre dos anos 80, 90 e mesmo posteriores, baixaron siñificativamente  porque eran insoportabeis e Bruxelas obligou a diminuilas ameazando o peche ( interesa resaltar que non tiveron a iniciativa nin a Xunta nen o Goberno do Estado). Aqui o importante tema da contaminación das térmicas sempre foi silenciado, negado e ocultado ferreamente tanto dende a Administración como dende a Universidade .

b) Flúor. Emítense 208,5 t/ano , a terceira parte de todo o que emiten as industrias do PRTR no Estado, sendo a industria do aluminio a principal responsable con mais da metade das emisións, Aluminio Español (100 t/ano) , Alcoa A Coruña (46,7 t/ano) seguidas en importancia de emisión polas térmicas de carbón : Central Térmica de As Pontes (40,5 t/ano) e  Central de Meirama ( 21 t/ano).

A Organización Mundial da Saúde (OMS) afirma que “a incorporación de flúor ao corpo ten efectos beneficiosos —reduce a incidencia de caries dentais— e negativos —provoca fluorose do esmalte e os osos despois dunha exposición prolongada—“. 

Unha inxestión prolongada de flúor  pode producir alteracións óseas ( osteoesclerose, problemas na columna, xeonllo,  dentes...) , problemas sanguíneos... e no medio ambiente  problemas nas plantas – alteración do crecemento vexetal , nanismo nos froitos...-  .

No norte da provincia de Lugo déronse problemas relativos a contaminación por flúor en décadas pasadas, ainda que as emisións baixaron deberían seguir baixando no futuro inmediato.

c) Partículas.  Galicia é o primeiro emisor de partículas con 1.767,3 t/ano que representa máis da terceira parte do total que se emite no Estado. As Centrais Térmicas ( As Pontes 245 t/ano; Meirama 254 t/ano), son as maiores emisoras seguidas de cerca pola industria do aluminio ( Aluminio Español 230 t/ano, Alcoa A Coruña 102 t/ano; Alumina 58,6 t/ano) , a industria de Celulosa de Pontevedra ENCE (51,1 t/ano), e tamén moi importante  a industria dos taboleiros de madeira (Intasa, Finsa, Unemsa ).

O Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama) na sua páxina web expón: 

“En relación coa saúde, o ozono troposférico e as partículas (“po fino”) son os contaminantes máis preocupantes dado que a exposición aos mesmos pode carrexar consecuencias que van desde leves efectos no sistema respiratorio a alerxias ou incluso mortalidade prematura”. 

A Organización Mundial da Saúde, xa no 2012 afirmaba:

“Segundo estimacións a contaminación atmosférica nas cidades e zonas rurais de todo o mundo provoca cada ano 3 millóns de defuncións prematuras; esta mortalidade  debese a  exposición a pequenas partículas de 10 microns de diámetro (PM10) ou menos, que poden causar cardiopatías, pneumopatías e cancro. 

A exposición a partículas grandes (PM10) e partículas finas (PM2,5) é problemático pois a OMS recoñece:

“A contaminación con partículas conleva efectos sanitarios incluso en moi baixas concentracións; de feito non se puído identificar ningún límite por debaixo do cal no se observaran danos para a saúde. 

A OMS chegou a poñer en cuestión a lexislación da UE de PM10 e PM2,5 por permisiva e recomendou que  se reduzan a metade as concentracións que figuran na lexislación vixente, pero a Unión Europea fixo caso omiso. Hoxe a maioría da poboación galega está respirando partículas por riba dos niveis recomendados pola OMS .

Esta situación de alta contaminación para algúns contaminantes que se repite  ano tras anos ante a insensibilidade oficial é preocupante por doble motivo por a alta emisións das industrias implicadas e pola falta de un Plan de diminución da contaminación do Goberno Galego e Español que descansan na legalidade dunha permisiva lexislación feita como anel ao dedo polas grandes industrias  principalmente multinacionais eléctricas, seguidas doutras do sector do aluminio, da madeira... @mundiario