A frota artesanal galega 'pitará' ó regulamento de control da Unión Europea

Barcos pesqueros de artes menores. / RR SS
Barcos pesqueiros de artes menores. / RR SS
A frota pesqueira de Galicia non comprende a imposición da necesidade da xeolocalización para todas as embarcacións de máis de catro metros de eslora.
A frota artesanal galega 'pitará' ó regulamento de control da Unión Europea

As confrarías de pescadores galegas, co apoio de todas as de España, realizarán un paro que se vai realizar na punta dos peiraos de todos os portos pesqueiros españois o día 26 de marzo, facendo soar as sereas de cada barco durante 15 minutos. Evidenciarán deste xeito a seu rexeitamento ao novo regulamento de control establecido pola Unión Europea e que para a frota de baixura de todo o país -máis significativamente polo número de embarcacións, en Galicia- ven ser inasumible na obriga de arrumbar o libro de pesca para que o control das capturas se realice electrónicamente. 

De "inviable", cualifica a frota de Galicia este cambio. E, amáis, reiterativo. Porque os pesqueiros galegos xa fan as declaracións de desembarque ou notas de venda ou documentos de transporte" que consideran xa é "máis que dabondo".

Por se todo isto fose pouco, este subsector da frota pesqueira de Galicia non comprende a imposición da necesidade da xeolocalización para todas as embarcacións de máis de catro metros de eslora, feito que rexeitan porque a frota desta Comunidade Autónoma traballa no entorno das rías e, en moitos casos, agrupados os barcos, o que obvia tal xeolocalización que, de ningún xeito, mellora os moitos controis que xa se practican a cotío.

Os 63 pósitos galegos recibiron da Federación Galega de Confrarías unha formulación para que a frota, en sinal de protesta pola falta de consideración da Unión Europea e dos ponentes que visitaron Galicia e non atenderon as demandas do sector galego, fixera ostensible esa disconformidade. Suman a súa petición de cesamento de Clara Aguilera, deputada socialista do Parlamento Europeo, no que exerce  a responsabilidade de vicepresidenta da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural, por non ter en conta as peticións do sector e, malia todo, seguíu adiante co seu informe, sendo coñecedora do malestar da totalidade dos barcos pesqueiros de España.

A Federación Nacional de Cofradías, a cuxa fronte está o lucense Basilio Otero,  participa desta mobilización que coida é máis que necesaria. @mundiario

A frota artesanal galega 'pitará' ó regulamento de control da Unión Europea
Comentarios