O franquismo foi para Galicia un tsunami catastrófico que botou ao país a unha longa noite de pedra

Franco. / Siro
Franco. / Siro

A ditadura de Franco foi ilexítima na súa orixe, asasina, represora e depredadora no seu exercicio e supuxo para Galicia décadas de pobreza, desigualdade e opresión.

O franquismo foi para Galicia un tsunami catastrófico que botou ao país a unha longa noite de pedra

É evidente que o réxime franquista foi ilexítimo, en canto que naceu dunha rebelión militar contra o lexítimo Goberno da República. Esta orixe determina o seu carácter de réxime de facto, privado da lexitimidade do Dereito. Velaí a case unánime censuA ditadura de Franco foi ilexítima na súa orixe, asasina, represora e depredadora no seu exercicio e supuxo para Galicia décadas de pobreza, desigualdade e opresión.ra internacional de 1946 (vetando o acceso do réxime á ONU e os seus organismos sectoriais), logo atenuada pola guerra fría.

Peor foi a ilexitimidade no exercicio. Na Galicia non houbo guerra nin máis violencia ca a dos sublevados. Malia esta circunstancia, Nomes e Voces calculou en 4.699 as persoas asasinadas, entre elas Alexandre Bóveda, Pepe Miñones, os catro gobernadores civís e os alcaldes da Coruña, Compostela, Ferrol e Vigo canda outros vinte e dous dos principais concellos galegos. Tamén os principais mandos militares: o almirante Azarola e os xenerais Salcedo e Caridad.  A represión económica foi brutal.  15.000 persoas foron sancionadas económicamente polas súas ideas, milleiros encarcerados e depurados do seus empregos. Outros milleiros apartados da sociedade, da Universidade e do emprego público, mortos en vida, como o caso do avogado compostelán Rajoy Leloup.

Galicia vivira un moi importante desenvolvemento económico, social e cultural entre 1900 e 1936. Despois da guerra sofriu a fame en todo o seu rigor. As cidades perden poboación e dase un fenómeno de reruralización. Só a emigración dende os primeiros 50 salvou ducias de milleiros da miseria. Os níveis de vida e industriais de 1936 tardaron trinta anos en se recuperar, por mór da neglixente actuación do franquismo nas súas políticas económicas, nomeadamente as da autarquia (1939-1957).

As mulleres, en claro proceso de emancipación na II República, foron recluídas outravolta no fogar e vetada en xeral  a súa incorporación á vida económica, cultural e educativa até moi entrados os anos 60 do século XX. A personalidade nacional de Galicia, a súa lingua e a súa cultura foron severamente reprimidas ou esquecidas na longa noite de pedra que cantou o poeta nacional Celso Emilio Ferreiro. Por outra banda,  a política de promoción educativa da II República foi desmontada e centos de mestres depurados.

Os holandeses tamèn pasaron fame no inverno de 1945. Mais moi axiña o pais estaba recuperado económica e socialmente. Porén, isto non pasou na Galicia. Para Galicia o franquismo foi un tsunami catastrófico. @mundiario

 

Comentarios