Francia protesta e España cala diante do incumprimento británico do acordo de Brexit na pesca

Boris Jonhson, primer ministro del Reino Unido. / Twitter
Boris Jonhson, primer ministro del Reino Unido. / Twitter
Segundo o Reino Unido, a disputa baséase en que 17 embarcacións francesas  non poideron facilitar os datos necesarios para que Jersey lles outorgue unha licenza de pesca en augas británicas.
Francia protesta e España cala diante do incumprimento británico do acordo de Brexit na pesca

Unha importante frota de barcos franceses -arrastreiros, na súa maioría- poderían continuar as súas protestas contra o Reino Unido por non disfrutar dos dereitos de pesca posteriormente ao Bréxit. Esa mesma frota xa levou a cabo o pasado xoves o bloqueo do principal porto da illa de Jersey, no Canal da Mancha, motivo polo que o Reino Unido mandou á zona os buques HMS Severn e HMS Tamar, ambos da Royal Navy, como medida precautoria. Estes navíos estiveron patrullando as augas próximas á illa, mentres os pesqueiros franceses se concentraban no porto de St. Helier, en protesta pola falta de acceso ás augas que rodean a citada illa de Jersey.

UN BLOQUEO QUE AFECTOU A BUQUES MERCANTES 

 Os barcos de pesca concentráronse nas inmediacións do castelo de Elizabeth, sen permitiren a saída do porto ao cargueiro Commodore Goodwin. Este buque permaneceu nas instalacións portuarias durante varias horas, mentres as tripulacións dos pesqueiros galos lanzaban ao aire bengalas de fume e outras.

Foi esta unha protesta pacífica que, para os viciños   da illa de Jersey veu ser unha "invasión" protagonizada por uns 60 barcos, na súa maior parte pesqueiros, se ben había tamén algunhas dragas.

O primeiro ministro británico, Boris Johnson, e o ministro principal de Jersey, o senador John Le Fondre, abordaron conxuntamente a necesidade dunha redución das tensións e o establecemento dun diálogo entre Jersey e Francia sobre o acceso á pesca.

QUE ACTÚE A DIPLOMACIA

Lograr unha solución diplomática a esta disputa é o principal obxectivo, despois de que Francia ameazara con cortar a subministrtación de electricidade á illa, acusando a Jersey de demorar a emisión de novas licenzas de pesca aos barcos franceses. Os pescadores galos dixeron que bloquearían o porto principal de Saint Helier para dificultar a entrega de subministros. 

Ata un cento de barcos franceses  prevén o bloqueo do porto principal de St. Helier nunha próxima ocasión para evitar que o buque Commodore Clipper, con carga a bordo, atraque en Jersey.

Pola súa banda os funcionarios franceses tamén anunciaron que pecharían as súas oficinas das illas do Canal e deixarían de importar produtos de Jersey a Francia.

As autoridades francesas acusaron ao Reino Unido de utilizar a burocracia para limitar a pesca nas inmediacións das illas ignorando o acordo de Brexit ante a Unión Europea do ano pasado. Están dispostas as autoridades galas  a "utilizar estas medidas de represalia", sen desbotar o corte da transmisión de electricidade por cable submariño.

LICENZAS DE PESCA

Segundo o Reino Unido, a disputa baséase en que 17 embarcacións francesas  non poideron facilitar os datos necesarios para que Jersey lles outorgue unha licenza de pesca en augas británicas. Nestas licenzas establécense as zonas de pesca, o tempo de estadía na zona dos barcos e mesmo o tipo de máquinas que estes poden utilizar.

Ao parecer, Jersey xa outorgou licenzas de pesca a máis de 40 barcos franceses, cuxa protesta contrasta coa tranquilidade aparente que mantén a frota española afectada tamén pola interpretación ou lectura que as autoridades británicas fan dos acordos asinados coa UE pola negociación do brexit, nun flagrante incumprimento do sinalado nos mesmos, con grave afectación para os pesqueiros implicados polos longos trámites para o transbordo das caprturas. Tampouco houbo ata o de agora manifestacións ao respecto por parte do ministerio español de Agricultura e Pesca, como tampouco as houbo por parte das organizacións pesqueiras españolas. E, sen embargo, hai retrasos evidentes na tramitación da documentación que avala a circulación legal do peixe capturado por barcos españois en augas británicas e tamén irlandesas. @mundiario

Comentarios