O Foro Económico de Galicia insiste na necesidade de favorecer o crecemento do tamaño empresarial

La cabecera de la edición GALICIA de MUNDIARIO sobre la desembocadura del río Miño, entre Galicia y Portugal. / Antonio Sangiao
Cabeceira da edición GALICIA de MUNDIARIO sobre l desembocadura do río Miño, entre Galicia e Portugal. / Antonio Sangiao
A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, ao igual que as principais economías europeas, caracterízase polo seu reducido tamaño empresarial e un carácter fortemente prociclico, se ben aprécianse importantes diferenzas entras ambas as dúas rexións.
O Foro Económico de Galicia insiste na necesidade de favorecer o crecemento do tamaño empresarial

O Foro Económico de Galicia insiste na necesidade de favorecer o crecemento do tamaño empresarial, xa que son as empresas grandes as que xeran unha maior porcentaxe de emprego e valor engadido e impulsan en maior medida a competitividade dun territorio e favorecen, entre outros aspectos, os seus procesos de dixitalización, internacionalización ou innovación.

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, ao igual que as principais economías europeas, caracterízase polo seu reducido tamaño empresarial e un carácter fortemente prociclico, se ben aprécianse importantes diferenzas entras ambas as dúas rexións. Mentres que na Eurorrexión o 62% das empresas analizadas non teñen asalariados, no norte de Portugal esta porcentaxe ascende ata o 66% mentres que o seu peso relativo en Galicia sitúase nun nivel similar ao da media da UE-27, o 55,2%. Pola contra, tan só un 3,4% das empresas galegas consideradas ten dez ou máis asalariados fronte ao 4,8% no norte de Portugal.

A crise e as empresas 

A crise económica trouxo de seu unha redución do número de empresas e un incremento do saldo neto negativo (creación–destrución de empresas), mudando esta tendencia na recuperación económica. Porén, existe un comportamento desigual nos dous lados da raia, sendo máis acusado o impacto da crise no norte de Portugal e ao mesmo tempo máis intensa a recuperación. Así, o número de empresas redúcese un 11,9% na rexión portuguesa fronte ao 5% en Galicia (9,4% na Eurorrexión) en tanto que no período 13-17 os incrementos foron do 9% e 5,8%, respectivamente (6,7% no conxunto da Eurorrexión). Asemade, existe un comportamento desigual canto ao tamaño empresarial, salientando o comportamento das empresas sen asalariados en Galicia e as que teñen de un a nove asalariados, que manteñen un nivel empresarial superior ao de 2008. Asemade, o norte de Portugal conta con 153,5 empresas por cada mil activos fronte aos 124,3 en Galicia (135,9 e 115,9 ao final da crise económica).

España mantense no trixésimo lugar no ranking do índice Doing Business na súa edición de 2020, retrocedendo Portugal cinco posicións para situarse no posto 39. No caso español, os principais atrancos volven estar vencellados á apertura dun negocio (posto 97 de 190 países), a obtención de crédito (80) e a xestión de permisos de construción (79). Comparado coa situación do ano 2016, España empeora de xeito significativo a súa posición relativa tanto no caso da obtención de crédito como da apertura dun negocio (postos 59 e 82, respectivamente), mellorando por contra no caso da xestión dos permisos para construción (101). En Portugal é significativo o retroceso relativo que se experimenta no caso da apertura dun negocio, tendo en conta que en 2016 situábase no posto 13 e no último ano sitúase no posto 63. Con todo, os datos da Banco Mundial reflicten que en España tárdase de media 12,5 días en inscribir unha compañía fronte aos 6,5 días en Portugal, sendo asemade moito máis caro (3,9% do ingreso per capita fronte ao 1,9% de Portugal).

A rotación empresarial

No concernente aos fluxos de entrada a saída empresarial, a Eurorrexión caracterízase por unha elevada rotación empresarial en comparación con outras economías europeas. No ano 2016, últimos datos dispoñibles a nivel rexional, a taxa de rotación empresarial ascendía ata o 23,5%, porcentaxe moi superior ao existentes en países como Francia, Alemaña ou España onde oscila entre o 15,7% e 17,7%. Unha vez máis, hai que mencionar as significativas diferenzas entre Galicia e o norte de Portugal, xa que esta taxa acada o 17,8% en Galicia fronte a un 27% na rexión portuguesa. Isto ven motivado tanto polo menor fluxo de entrada como de saída en Galicia.

Un último indicador da demografía empresarial é o relativo á supervivencia das empresas aos tres anos. A porcentaxe de empresas que seguen vivas aos tres anos de crearse ascende en Galicia no ano 2017 ata o 56,8%, porcentaxe non só moi superior ao acadado na rexión norte de Portugal (49,1%) senón tamén no conxunto de Portugal (45,2%) e de España (53,5%). Non obstante, cómpre mencionar o lixeiro descenso deste indicador respecto ao ano 2014 en Galicia fronte ao incremento de case catro puntos na rexión norte de Portugal. @mundiario

Comentarios