O Foro Económico de Galicia aborda novos escenarios da xestión social do envellecemento

Foto de familia dunha xuntanza do grupo de traballo Galicia2040. / Mundiario
Foto de familia dunha xuntanza do grupo de traballo Galicia 2040. / Mundiario
Xosé Carlos Arias e María Cadaval presentarán un documento sobre a dinámica demográfica e o cambio de paradigma.
O Foro Económico de Galicia aborda novos escenarios da xestión social do envellecemento

"Nunha época de tanta incerteza, Galicia 2040 parece un proxecto complicado pero é un reto que hai que afrontar", sostén Xosé Carlos Arias, que é o director do grupo de traballo Galicia 2040, onde Domingo Docampo e María Cadaval son adxuntos ao Director e José Francisco Armesto, secretario. Agora, o Foro Económico de Galicia anuncia a presentación este vindeiro martes 15 de setembro, ás 10:30 horas, nas instalacións do CES Galicia, en Santiago de Compostela, do documento titulado 'Dinámica demográfica e cambio de paradigma. Novos escenarios da xestión social do envellecemento'. Intervirán Xosé Carlos Arias e María Cadaval.

O 23 setembro, as 16:30 horas, tamén no marco do Foro Económico de Galicia, celebrarase un debate online sobre a 'Fuga de talento en Galicia', un traballo de Alberto Vaquero, Sara Fernández, Luis Espada e Victor Manuel Martínez. E o 30 de setembro, as 10:30 horas, presentarase o documento 'O monte galego século XXI', do que son autores Albino Prada e Edelmiro López Iglesias. O acto será no edificio Abanca da praza de Cervantes, en Santiago de Compostela. @mundiario

Comentarios