Buscar

“Feijóo, menos Madrid, escóitanos aquí”

Feijóo debería estar en Galicia observando á ciudadanía que dirixe, nunha das manifestacións máis contundentes e masivas dos últimos anos, tras a do Prestige. Pero unha vez máis Feijóo fai alarde do seu endiosamiento político, sen baixar á realidade.

“Feijóo, menos Madrid, escóitanos aquí”
Protesta contra Feijóo pola xestión da sanidade en Galicia. / Twitter
Protesta contra Feijóo pola xestión da sanidade en Galicia. / Twitter

Firma

Marina Ortega Otero

Marina Ortega Otero

La autora, MARINA ORTEGA OTERO, diputada del PSOE en el Congreso, es colaboradora de MUNDIARIO desde febrero de 2018. Psicóloga y perito con más de 10 años de experiencia, fue directora del programa Recurra en la provincia de Ourense dirigido a nivel nacional por Javier Urra Portillo. Secretaria de Políticas Sociales del PSdeG - PSOE, es miembro de la junta de gobierno del Colegio de Psicólogos de Galicia. @mundiario

Este domingo Santiago de Compostela berrou alto e claro contra os recortes do noso ben máis preciado: a sanidade pública.

A cidadanía é intelixente e consciente de que, levantar o Estado de benestar foi moi difícil e levou moitos anos.

As galegas e galegos fomos pacientes e pouco a pouco ao longo dos últimos anos advertimos mediante concentracións locais, reunións coa Xunta, manifestacións, dimisións de cargos sanitarios… pero xa non aguantamos máis.

Este domingo deuse un golpe sobre a mesa. Basta xa! A sanidade pública é da ciudadanía e non se toca.

Eso de ignorar á xente pasa factura, e o erro de Feijóo abandonando as súas funcións coma presidente da Xunta para acudir a una manifestación convocada polos partidos da ultradereita e interrumpir con elo unha viaxe oficial en Miami –programada para segundo indicaron: promover un ambicioso plan de turismo para Galicia– é un gravísimo erro.

Feijóo debería estar en Galicia observando á ciudadanía que dirixe, nunha das manifestacións máis contundentes e masivas dos últimos anos, tras a do Prestige. Pero unha vez máis Feijóo fai alarde do seu endiosamiento político, sen baixar á realidade.

Os galegos berraron “Feijóo, menos Madrid, escoitanos aquí!” Un erro que pagará nas urnas. Hoxe Santiago estaba cheo, cos líderes de todos os partidos representados no parlamento excepto o PP de Feijóo. Unha impresionante mostra de indignación dos galegos e galegas. Cun manifesto alto e claro que tacha ao presidente da Xunta coma un comercial que recorta a sanidade pública para entregala en mans privadas.

As denuncias foron ben claras: “Dende o 2008 reducíuse nun 20% o gasto sanitario, suprimindo máis de 1000 prazas de persoal”, “Mantemento e ocultación das listas de agarda, masificación das consultas en atención primaria, colapso dos servizos de Urxencias, rebelión dos Servizos de Ambulancias, dimisión dos Xefes de Servizo de Vigo”...

Acusaron a Feijóo de modificar a Lei Galega de Saúde para alcanzar 4 obxectivos: 1) traslado de mercado sanitario á sanidade pública por desesperación derivada do sometemento da Atención Primarias aos hospitais. 2) Recentralizar o sistema sanitario anulando a autonomía das áreas. 3) Precariedade laboral mediante “chiringuitos de xestión privada”, e 4)Poñer a investigación en mans privadas. A Plataforma SOS Sanidade Pública Galega rematou solicitando a elaboración urxente dun novo plan de mellora da atención primaria. @mundiario