Feijóo marca un perfil propio 

Pablo Casado, presidente del Partido Popular, y Alberto Núñez Feijóo, presidente de la Junta de Galicia. / RR SS.
Pablo Casado, presidente del Partido Popular, y Alberto Núñez Feijóo, presidente de la Xunta de Galicia. / RR SS.
Mentres Pablo Casado insiste con “España Suma”, o presidente da Xunta reivindica o legado de Mariano Rajoy –mais que o de Aznar– e propón a reconstrución electoral do PP distanciándose da deriva radical de figuras como Cayetana Álvarez de Toledo.
Feijóo marca un perfil propio 

Nos últimos días, Alberto Núñez Feijóo ocupou un notábel espazo mediático por mor da súa proposta de “gran coalición” entre PSOE e PP para saír da situación de “impasse” na que se atopa a política española. Daquela, aínda non se confirmara a repetición electoral prevista para o 10 de Novembro mais as declaracións do dirixente galego do PP  tiveron ampla resonancia nos principais medios de comunicación estatais.

Cando fixo semellantes afirmacións, Feijóo sabía perfectamente que a súa iniciativa carecía da mais mínima viabilidade no inmediato futuro. Por que decidiu, entón, proxectala publicamente? A resposta non semella complicada: porque desexa marcar un perfil propio, diferente do que representa, na actualidade, Pablo Casado. Mentres este insiste con “España Suma”, o presidente da Xunta reivindica o legado de Rajoy –mais que o de Aznar– e propón a reconstrución electoral do PP distanciándose da deriva radical de figuras como Cayetana Álvarez de Toledo. A contundencia das palabras utilizadas por Alberto Núñez resulta, tamén, moi significativa: descualificou -como “adolescentes” irresponsábeis- aos catro máximos dirixentes das formacións que conforman hoxe o círculo mais determinante do mapa político estatal. Ou sexa: Casado tamén recibiu a parte proporcional de culpabilidade pola situación política vixente.

Con este distanciamento crítico, Feijóo busca, previsibelmente, dous obxectivos compatíbeis: consolidar a súa posición de recambio de Casado se a dinámica posterior ao 10-N supón un desgaste notábel para o actual inquilino da rúa Genova e afortalar a súa imaxe de líder imprescindíbel no ámbito da política galega a menos dun ano de que se convoquen eleccións á Cámara do Hórreo.

Con estas declaracións xa non se pode considerar que o presidente do PPdG descartou definitivamente a hipótese da sucesión na xefatura estatal do seu partido. O primeiro test para avaliar a verosimilitude e o prazo temporal de semellante opción estará situado nos resultados que ofrezan as urnas o vindeiro 10 de Novembro. @mundiario

Comentarios