As exportacións seguen a caer máis en Galicia que no conxunto de España no que vai de ano

Puerto de Vigo. / Mundiario
Puerto de Vigo. / Mundiario

Si se ten en conta que a caída no conxunto da UE-27 foi dun -12,5% o impacto da pandemia nas vendas de Galicia ao exterior está a ser singularmente desfavorable. A evolución exportadora galega dos seis primeiros meses deste ano supón profundar nunha fenda exportadora respecto do conxunto de España.

As exportacións seguen a caer máis en Galicia que no conxunto de España no que vai de ano

Cos últimos datos publicados polo Ministerio de Industria e Comercio para os seis primeiros meses do año as exportacións galegas caeron un -17,7%, mentres que para o total de España a caída foi do -15,8%. Si se ten en conta que a caída no conxunto da UE-27 foi dun -12,5% o impacto da pandemia nas vendas de Galicia ao exterior está a ser singularmente desfavorable.

Só Francia anota unha caída exportadora maior na primeira metade do ano (-21,5%), mentres que o país que se considera orixe da pandemia que está a afectar á economía mundial, China, só diminuíu nun - 6,2% o seu volume exportador de mercadorías. Galicia practicamente triplica a recesión exportadora media do país asiático.

Tamén é importante sinalar que a evolución exportadora galega dos seis primeiros meses deste ano 2020 supón profundar nunha fenda exportadora respecto do conxunto español pois hai doce meses xa estabamos a empeorar o noso diferencial negativo exportador dos últimos dez anos. 

A boa noticia dos datos de xuño é que Galicia deixa de ser a comunidade autónoma co comportamento exportador máis regresivo de España. No seguinte recadro obsérvase que aínda anotan peores datos que Galicia no conxunto da primeira metade do ano: Canarias, Asturias, País Vasco e Navarra.

Datos de exportaciones I semestre 2020. / Mundiario

Fonte: elaboración propia con datos de Datacomex

Esta boa nova obedece a un excepcional comportamento de Galicia no mes de xuño. Pois neste mes medraron as exportacións galegas respecto ao mesmo mes do ano anterior nada menos que en 312 millóns de euros. Un dato excepcional, porque desa cifra 290 millóns teñen que ver coa automoción e, dentro de isto, cun único país: Francia (con 263 millóns máis exportados). @mundiario

Comentarios