As exportacións galegas medraron en 2018 a un ritmo superior ao conxunto de España

Vistas de A Coruña. / Mundiario
Puerto interior de A Coruña. / Mundiario

O sector da automoción mantén un bo dinamismo fronte ao descenso do sector da confección.

As exportacións galegas medraron en 2018 a un ritmo superior ao conxunto de España

O crecemento das exportacións galegas no ano 2018, un 4,9 %, foi inferior ó do ano anterior, pero superou a media da UE e do conxunto de España (3,2 %). Ese bo resultado débese ao dinamismo exportador da automoción, mentres que o sector da confección anota lixeiros descensos.

O notable balance exportador en 2018 vese ensombrecido polo peor desempeño na evolución das empresas exportadoras. Pois a pesar de medrar o seu número nun 8,1 % fanno a un ritmo moi inferior ó do conxunto de España (26,5 %).

O sector da confección mantén o volume exportado cara a UE, e mesmo medra nas economías emerxentes, pero no resto dos mercados o seu balanzo en 2018 foi negativo. Por primeira vez nos últimos anos, as exportacións da confección tiveron un peor comportamento en Galicia que o anotado polo conxunto das exportacións, cunha caída dun 0,7 % en Galicia e un 0,3 % no conxunto de España. Un cambio de tendencia que se ve reforzado, tamén negativamente, pola diminución do volume de empresas exportadoras do sector (un 5,7 % menos).

No caso do sector da automoción destaca sobre todo o forte dinamismo exportador cara os mercados europeos, pois medran a un ritmo do dobre que o xa notable dinamismo medio do sector e moi por riba do conxunto do sector en España, un 7,5 % fronte a un 1,1 %. Non obstante, a cualificación global do BAEXGA para o sector non pode ser positiva porque tanto nos últimos dez anos como no que atinxe ó número de empresas exportadoras, o desempeño galego segue por baixo do anotado no conxunto de España. @GaliciaMundiari

Comentarios