A eventualidade de graves vulneracións no censo de En Marea xustifica paralisar as súas primarias

Luís Villares, portavoz de En Marea. / Redes Sociales
Luís Villares, portavoz de En Marea. / RR SS

A Comisión de Garantías, órgano xurisdicional por riba do Comité Electoral e demáis órganos de En Marea, acordou suspender as primarias, por mor de eventuais intromisións ilegais no censo que poderían vir do mesmo Comité Electoral, de maioría do sector próximo a Podemos e EU.

A eventualidade de graves vulneracións no censo de En Marea xustifica paralisar as súas primarias

Na precampaña de 2015 os galeguistas de Compromiso por Galicia (CXG) Xosé Mosquera  e Ana Bande gañaron as eleccións primarias de Ourense en Común obtendo os dous primeiros postos á candidatura municipal. De súpeto desatouse a nai de todas as treboadas para anular ilegal e ilexítimamente o resultado.  A Asemblea que o decidiu veu dicir que o chamado espazo de ruptura tiña as súas propias regras anteriores e superiores ás da democracia dos votos. Haberíase ter aprendido a lección.

O sábado 1 comezaban as primarias do segundo partido de Galicia, En Marea, mais éstas tiveron que ser suspendidas pola Comisión de Garantías, órgano xurisdicional que controla tanto ao poder executivo da súa  Coordinadora, ao lexislativo do Consello das Mareas e ao provisorio electoral do Comité Electoral (CE). Velaí a absoluta ilegalidade e ilexitimidade do acordo deste CE para que continuaran unhas eleccións xa suspendidas polo Tribunal do partido. Porque éste é o máximo órgano de control democrático das garantías, tamén sobre a Administración Electoral provisional da organización que representa o CE.

O problema aínda foi máis grave, xa que o representante legal de En Marea perante a Axencia de Protección de Dados denunciou que non puido acceder á mesma durante un tempo demorado, tempo no que aínda se descoñece que modificacións ilegais se puideron facer no censo electoral. Unha autèntica ruptura da cadea de custodia que deslextimará de vez todo proceso electoral que non sexa posterior a unha auditoría rigorosísima. Unha audotoría da que mesmo se poderían determinar pegadas de delicto.

Politicamente, a agresión sofrida polo proceso de primarias mareante é gravísima e vai ter resultas moi negativas para todo o espazo político. Mais tamèn ten reflectido ás claras a incompatibilidade no mesmo proxecto non só entre os que ollan España como referente fronte aos que teñen Galicia como medida, senón entre os que respectan as regras da democracia e queren facer política con respecto ás persoas e regras institucionais a respecto daqueles outros para os que val todo para gañar.

Si, haberíase ter aprendido a lección de Ourense en Común de 2015. E  compre entender que, diante dunha crise tan grave, hai neutralidades que matan. @mundiario

Comentarios