O espazo orgánico de En Marea axústase máis a un partido clásico, autonomista e moderado

Luís Villares. / Mundiario
Luís Villares. / Mundiario

Luís Villares mantense no poder pero só representa a un sector de En Marea. O exemplo máis claro é que o poder local das Mareas en A Coruña, Santiago e Ferrol está fora do seu radar. Hai dúbidas sobre o que acontecerá coas listas, xa que podería haber dúas no mesmo espazo.

O espazo orgánico de En Marea axústase máis a un partido clásico, autonomista e moderado

O novo Consello das Mareas foi constituído sen os críticos. O seu portavoz, Luís Villares, pideu "respecto" e "responsabilidade" á candidatura alternativa de David Bruzos, á que instou a comentar "internamente" as súas "discrepancias". ¿Vai ser así? Semella que non. Luís Villares so é o referente de quen xa era referente antes de iniciarse o proceso.

Neste momento o espazo orgánico de En Marea parécese máis a un partido clásico, autonomista e moderado que ao que representou a chamada Unidade Popular en Galicia: poñer por diante o social, nunha alianza na que nacionalistas (Anova) e non nacionalistas (Podemos, EU) apostaban por un mínimo común no inmediato sen renunciar ao horizonte de ruptura.

Tal e como quedou a composición do Consello das Mareas non se solucionou ningún dos problemas que estaban enriba da mesa, e aumentaron determinadas fendas. Xa que logo, segundo os críticos, viviuse un proceso no que se violentaron por parte da coordinadora saínte os acordos do plenario do 27 de outubro; alomenos no referido a modificación da composición do comité electoral, a modificación do calendario electoral, e a substitución da empresa que realizou unhas eleccións na que nestes momentos a lista de David Bruzos esixe unha auditoría independente porque non se fía da independencia do proceso.

Qué pode pasar? Pode abrirse un debate que nestes momentos está soterrado: a unidade do nacionalismo –¿a volta a Amio?– ou persistir na Unidade Popular en Galicia. Segundo fontes dos dous grandes bloques das Mareas, semella que todo o mundo xa decidiu onde se vai posicionar, e que a Unidade Popular terá continuidade en Galicia.

¿Listas por partida doble?

Luís Villares mantense no poder pero só representa a un sector de En Marea. O exemplo máis claro é que o importante poder local das Mareas en A Coruña, Santiago e Ferrol está fora do seu radar. Hai dúbidas sobre o que acontecerá coas listas, xa que podería haber dúas candidaturas no mesmo espazo electoral. En Ferrol fálase dunha lista alternativa a do alcalde Jorge Suárez. Mesmo anunciaron que inician en breve o seu propio proceso de primarias. Tamén hai dúbidas sobre o que vai pasar con este espazo nas eleccións europeas, coincidintes coas municipais.

Na Coruña e Santiago, o peso de Marea Atlántica e Compostela Aberta parece menos vulnerable que o de Ferrol en Común pero non se desbota ningunha opción. @mundiario

Comentarios