España e Portugal confirman os incrementos de sardiña que o sector estractivo anunciara

La sardina escasea desde hace unos años
Sardiñas. / Mundiario
Lisboa e Madrid presentaron recentemente un novo plan de xestión á Comisión Europea.
España e Portugal confirman os incrementos de sardiña que o sector estractivo anunciara

O novo plan de xestión da sardiña ibérica para o período 2020-2026, incorpora unha nova regla de explotación que, de xeito paulatino, permitiría o incremento das capturas autorizadas este ano. Os niveis de biomasa que se vaian identificando, serán os indicadores para que esas capturas varíen substancialmente a respecto das permitidas nos últimos anos.

Este asunto centrou o interese do encontro celebrado por videoconferencia este venres entre a secretaria de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e representantes do sector pesqueiro.

A pesqueira da sardiña quedará aberta, como é tradición, o vindeiro 1 de maio cunha cantidade provisoria e limitada de capturas para a frota española. Esta cantidade poderá ser revisada a partir de xuño, cando o Consello Internacional de Exploración do Mar (ICES, polas súas siglas en inglés) se pronuncie sobre o novo plan de xestión que España e Portugal xa remitiron á Comisión Europea.

Os informes emanados das campañas científicas de avaliación levadas a cabo reflicten que existen claras evidencias de recuperación, circunstancia esta que agora pode permitir a correción á alza do número de capturas autorizadas.

O obxectivo do novo plan de xestión da sardiña é asegurar un progreso que permita a plena recuperación da poboación de sardiña ibérica e o conseguinte incremento das cotas para a pesqueira deste ano.

España e Portugal presentaron recentemente este novo plan de xestión á Comisión Europea que, á súa vez, o reenviou ao ICES para que o avalíe co enfoque do principio precautorio. Nas vindeiras semanas vai coñecerse a avaliación do ICES que, segundo sexa esta, permitiría que o plan teña xa aplicación na presente campaña.

O propio sector anunciara na costeira anterior a existencia de signos que agoiraban unha abundancia de sardiña que agora corroboran os científicos, o que debería dar a primeira mostra de confianza na bondade da pesqueira de sardiña deste ano 2021.  

O sector estractivo ten moi merecida unha nova deste calibre e que a mesma se traduza, dunha vez, nun reparto xusto das cotas que correspondan a España e que a secretaría xeral de Pesca do Ministerio debera repartir consecuentemente coa frota, os tripulantes e a capacidade da mesma. @mundiario

España e Portugal confirman os incrementos de sardiña que o sector estractivo anunciara
Comentarios