Eólica e solar, en mans de multinacionais chinas

Sol y molino eólico. / Pixabay
Muiños eólicos co sol ao fondo. / Pixabay

Sacan beneficio tamén eléctricas, bancos, fondos de inversión... Que queda?

Eólica e solar, en mans de multinacionais chinas

O mercado eólico mundial sigue avanzando  a un ritmo trepidante con crecemento no 2020  que supera o 50% interanual. Só catro  fabricantes, deles dous chinos,  instalan mais da metade dos aeroxeradores no planeta, as grandes empresas eólicas son hoxe General Electric, Vestas, Goldwind e Envisión. No 2019 os catro maiores fabricantes representan o 55% del total de turbinas instaladas, nese ano a primeira posición correspondía a danesa Vestas (18%), seguida da alemá-española Siemens Gamesa (15,7%), a china Goldwind (13,2%) e a estadounidense General Electric (11,6%). En solar China é o maior xerador  de enerxía solar e o maior instalador de paneis.

China vai ganando posicións en eólica ano a ano, mesmo oito dos quince principais  fabricantes  de aeroxeradores son chinos  e representaban a finais da década pasada o 36,6%  da produción total.  Inda que Vestas é o maior provedor de turbinas terrestres, os chinos con Goldwind, MingYang, Envision e outras eran os principais provedores na categoría tecnolóxica de transmisión de velocidade media e tecnoloxía de transmisión directa.

A multinacional danesa é hoxe o maior fabricante de aeroxeradores terrestres do mundo pero quere avanzar para posicionarse no mar e impedir que os chinos dominen en turbinas mariñas. Neste 2021 anunciou unha turbina xigante en potencia e varrido de rotor (15MW con rotor de 236 m)  esperando competir así coa china Ming Yank  que no ano pasado instalaba aeroxeradores mariños de 8MW e traballaba por conseguir unha turbina fixa de 15 MW e unha flotante de 10MW. Vestas espera que  no 2024 a súa turbina mariña  de 15 MW estea operativa.

A industria eólica mundial tivo no 2020 o seu mellor ano de toda a historia con 93.000 megawatios (MW) de nova capacidade instalados, destacando o aumento de parques eólicos en Estados Unidos e China que entre ambas representaron o 74% do instalado. 

Con relación a enerxía solar fotovoltaica, igual que sucede coa eólica, está en maos dunhas poucas multinacionais. Xa no 2013  sete dos dez maiores produtores de paneis solares eran chinos  e estes controlaban na Unión Europea o 80% do mercado. O dominio lograrano a base de “dumping” xa que as importacións  solares de China tiñan un prezo do 88% por debaixo do custo real de produción o que serviría para que a UE ameazara a China. Anos despois os fabricantes chinos  seguían igoal dominando o mercado mundial de instalacións, no 2017,  tiña unha cota de mercado global da orde do 53% e empresas como Jinko Solar presentaban marxines brutos de beneficio tan elevados como da orde do 11,3% e chegara o ano anterior  ao 18,1%.

A concentración empresarial vai en aumento, no 2020 os dez principais fabricantes mundiais de solar teñen unha cota de mercado do 75%. Entre as cinco primeiras empresas provedoras de módulos e sistemas de enerxía solar temos tres chinas – Trina Solar, Jinko Solar e Ja Solar- , e outras grandes como a canadense Canadian Solar tamén fabrica en China. Detrás do éxito solar chino  están tamén as multimillonarias axudas  e subvencións do Goberno, axudas que cara o futuro queren diminuír.

O mercado de patentes 

Outro negocio sumamente concentrado e importante nas renovables é o das patentes. Existen poucas empresas especializadas en tecnoloxía, mesmo as cinco empresas principais de tecnoloxía fotovoltaica collen o 60% do mercado e no sector eólico catro empresas son responsables do 75% das patentes industriais (segundo OMPI, Organización Mundial da Propiedade Intelectual ). As patentes son unha inversión das empresas a longo prazo, xa que poden estar en vigor anos e anos e render  beneficios multimillonarios. O número  de patentes e  variedade  delas é alto, pois non podemos esquecer que un aeroxerador está composto por máis de 8.000 compoñentes diferentes.

No último decenio Xapón  foi o primeiro en número de patentes  solicitadas no sector de renovables e en particular na tecnoloxía solar e células de combustible. Estados Unidos, Alemaña, Corea e China centran a maioría das patentes en solar, eólicas e menos en células  – ver Cadro I-. 

En Europa, Alemaña destaca en patentes de eólica, superando aos demais países, tiña 2.101 patentes rexistradas entre 1999-2014 (fonte OECD)  e dúas empresas, Enercon  GmbH  (Energy e Converter)  e Nordex -empresa fusionada coa división eólica da española Acciona- teñen na actualidade gran número,  ate o extremo que Enercon acapara o 40% das patentes  mundiais na fabricación de aeroxeradores.

No Estado Español  a Oficina Española de Patentes e Marcas rexistrou  702 patentes en tecnoloxía eólica entre 2005-2017, correspondendo a Navarra 174, Pais Vasco 139, Cataluña 64 ... e a Galiza só 30, é dicir  o 4% das patentes do Estado cando representamos o 15% da produción eólica e fomos pioneiros de eólica en Europa no século pasado. 

Cadro I. Patentes entre 2010-2019Países e enerxías.

O negocio dos bancos, fondos de pensións, inversores...

Ninguén dúbida de que as eólicas e a solar serán clave na descarbonización e servirán para  frear en  parte o cambio climático , buscando que o quecemento global estea por baixo  de 1,5ºC. A década pasada mostrounos que o gran negocio de renovables (tecnoloxía, fabricación, patentes...) estaba centralizado e dominado por China  mentres que  a Unión Europea parece aceptar un papel secundario,  a excepción de daneses e alemáns que compiten  con chinos e americanos. 

A  UE parece contentarse con abandeirar politicamente a descarbonización, lexislar e dar protagonismo a gran Banca tanto ao Banco Europeo de Inversións BEI  como a Banca dos diversos países que a compoñen. No Estado Español, a banca está encantada con esta nova etapa, por exemplo o BBVA aprobou xa no 2018 o Compromiso 2025 polo cal pretende mobilizar 100.000 millóns de euros ate 2025 en financiación verde na loita contra o cambio climático. A principios do 2020 parece que mobilizara xa da orde de 30.000 millóns e seguía con múltiples proxectos: 380 millóns (Parque eólico dos Monegros, Aragón con 487 MW); 600 millóns (BBVA e BankCaixa) para un crédito verde a Naturgy  para renovables;  500 millóns no 2021  cando Opdenergy  mandata a BBVA financiamento  (725 MW en 18 parques solares de Aragón e ambas Castillas)... 

Aqui o negocio eólico e solar non é só das eléctricas Iberdrola, Naturgy, Greenalia, Endesa... senón tamén  dos fondos de pensións,  inversores estranxeiros  e grandes bancos tanto do Estado ( BBVA, Santander, Caixabank...) como da ouleada de estranxeiros (estadounidenses, alemáns, italianos, austríacos...) que chegan a España para financiar renovables e obter xugosos beneficios. O  Grupo Banco Mundial timidamente vai tamén entrando na “tormenta renovable” pero de momento  aínda  destina 3 veces mais prestamos para carbón, petróleo e gas que para solar ou eólica. 

Que nos queda aquí?

O negocio é o negocio e ao Goberno galego e a nadie dos arriba citados parece importarlle analizar nin recoñecer que os parques, pode que sustituian ao carbón, pero non están servindo para mellorar as economias locais, nin a economia dos propietarios dos montes, como tampouco serven para fixar poboación no rural e non falemos dos impactos varios que conlevan (paisaxistico; xeomorfolóxico; sonoro; destrucción de habitats ademais de perxudicar a flora e fauna e a endemismos; destrucción de petroglifos e xacementos arqueolóxicos, ameaza de zonas protexidas...). O impacto non so é pola instalacións de aeroxeradores, senón tamén polo trazado de novas pistas necesarias para o parque, polo tendido de liñas de evacuación da electricidade, pola instalación de subestacións...

Cando afirman que van crear postos de traballo por experiencia sabemos que non é verdade, só xeran emprego na fase de construcción quedando logo un mínimo personal de mantenemento de varios parques. A industria asociada tampouco é para nós, senón que llo pregunten a fabrica de Siemens-Gamesa pechada recientemente no momento que pretenden instalar centenares de novos parques. A eólica economicamente só deixa aquí migallas e a solar apenas existe. As electricas e o Goberno empeñanse en non aceptar tarifas electricas especiais aos grandes productores. Galiza, igoal que no franquismo ten o papel dentro do Estado de producir e exportar electricidade (sen case nada a cambio), para abastecer zonas deficitarias como por exemplo Madrid capital, zonas que ben seguro teñen tamén sol e vento para aproveitar. @mundiario

Eólica e solar, en mans de multinacionais chinas
Comentarios